COLEGAS

domingo, 20 de octubre de 2013

Piquelo azul no Barbantiño.

Seguramente algún de vós visitaredes este domingo o río Barbantiño da man dos Amigos da Terra, e así teredes a oportunidade de observar e disfrutar dun dos ecosistemas de riberia mellor conservados do entorno da cidade de Ourense. Para aqueles que non poidades acudir seguramente haberá máis oportunidades de facelo, mentres tanto aquí vos amoso un dos seus habitantes máis fermosos, o piquelo azul (Sitta europaea).

O piquelo é un paseriforme forestal frecuente na práctica totalidade da provincia, aínda que non chega a ser tan abondoso coma outros dos seus compañeiros da foresta, coma os páridos, por exemplo.

Nas imaxes, obtidas a comezos do pasado mes de setembro, observamos un exemplar fotografado na foresta de galería do río Barbantiño ao seu paso polo concello de Punxín, non lonxe dos mananciais termais coñecidos coma o bañiño.










2 comentarios:

  1. Unha fermosura de paxaro, Alberto. Para os que somos da costa coruñesa, onde desapareceu case calquera vestixio de bosque autóctono, e case unha "rareza" (perdón polo taco). Quitando un par de fragas que aínda perviven (a do Belelle e a famosa do Eume) apenas queda hábitat para o Gabeador azul.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Ola Xabi. Xa non me lembraba da situación desta especie polo teu lar. Un saudo.

    ResponderEliminar