COLEGAS

domingo, 31 de agosto de 2014

Pedreiro cincento no encoro de Cachamuiña.

Como dixemos anteriormente, nestes días está escomezando o paso postnupcial para certas especies de aves. Este feito permitiranos ver aves doutras latitudes e añtitudes, en lugares de repouso. Unha destas aves é o pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe).

Aínda que a nosa provincia posúe unha pequena poboación nidificante desta especie, asentada xeralmente en alturas superiores aos 800 metros, é durante os pasos cando se observa a especie con maior frecuencia e facilidade, aínda así, na Depresión Ourensá, a especie é escasa incluso durante as pasaxes, sendo o encoro de Cachamuiña no Pereiro de Aguiar, un dos escasos lugares onde a especie se deixa ver, dentro da comarca da capital da provincia.

Nas imaxes, dous exemplares atopados en dito lugar o pasado 23 de agosto de 2014, e que estaban dando boa conta dos xuveniles de lagartixa (Podarcis sp) que estes días acaban de nacer, un curioso comportamento, xa que eu coidaba que eran exclusivamente insectívoros, vese que son máis oportunistas do que eu pensaba.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario