COLEGAS

viernes, 13 de noviembre de 2015

Mudanza de blogue.

Como moitos de vós sabedes, recentemente este que escribe mudouse de cidade e tamén de provincia, xa non estamos en Ourense, senón en Vigo (Pontevedra). Esta nova situación persoal obrígame a replantexar a miña actividade blogueira, polo que decidín crear unha nova ferramenta divulgativa, desta volta cun marco xeográfico máis amplo, que atinxe ao cadrante Noroccidental da Península ibérica, tomando como referencia a antiga provincia romana da Gallaecia, marco xeográfico maior que o da actual comunidade autónoma da Galiza, e que bioxeográficamente ten bastante senso á hora de contextualiza-la fauna do Noroeste Ibérico. Así nace Fauna da Gallaecia cunha filosofía similar á deste blogue pero cun marco xeográfico moito máis amplo.

Este feito non quer dizer que fauna vertebrada de Ourense se vaia pechar, seguirá actuando como até agora, como unha ferramenta de consulta para todos aqueles que desexedes saber algo máis da fauna vertebrada da moitas veces esquecida, provincia de Ourense.


No hay comentarios:

Publicar un comentario