COLEGAS

martes, 8 de febrero de 2011

Plan de salvamento do Sapo de Esporóns do Barco de Valdeorras.


Recentemente o blog da asociación ecoloxista Saramaganta informounos da destruccións do derradeiro núcleo de reproducción do Sapo de Esporóns (Pelobates cultripes) no Barco de Valdeorras.

O sapo de esporóns é unha especie de anfibio ameazada en galicia, e calificada coa categoría de Vulnerable, no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Na nosa provincia a especie está presente nas bisbarras de A Limia, Monterrei e Valdeorras, sendo esta última a poboación máis escasa e ameazada.

Coa recente ampliación do polígono empresarial do Barco de Valdeorras, destruíronse os derradeiros puntos de reproducción da especie na bisbarra de Valdeorras.

Dende fauna Vertebrada de Ourense queremos facer un chamamento á participación cidadá dos habitantes do Barco de Valdeorras para paliar na medida do posible este desastre, e tratar de evitar a extinción definitiva desta peculiar poboación de sapo de esporóns ourensá mediante o seguinte proxecto de ecovixía.

Varias asociación ecoloxistas e particulares sensibles co medio ambiente estamos tratando de buscar un terreo para a construcción de novos puntos de reproducción para a especie na zona afectada. A tal efecto construirase unha charca, ou varias se se consigue a participación de varios propietarios, aptas para a reproducción da especie.

Para tal fin buscamos a algún propietario ou entidade pública ou privada que posúa un terreo na zona afectada, e nos permita a construcción desa charca, a construcción da charca correrá íntegramente pola nosa conta.

Agradeceremos para tal fin a difusión desta mensaxe noutros foros, co fin de acadar un resultado positivo antes da primavera, época de reproducción do sapo de esporóns en Galicia.

6 comentarios:

  1. Moi boa idea, algo de intervención positiva no medio non ven mal, hai que contrarrestar as negativas
    Vémonos

    ResponderEliminar
  2. Agardo que non se quede só nunha boa idea, e ao final teña o éxito agardado.

    Graciñas polo teu apoio, como sempre.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Moi boa idea Alberte...diante de tanta destrución, unha luz de construción...compre rexenerar, tanto como gardar e defender o que queda: non só protexer, tamén xenerar.
    Moita sorte no empeño, de seguro aparecen esas terras.
    Dende o noroeste do Noroeste o noso apoio natural.
    Saúde e sorte.
    Saudiñas.

    ResponderEliminar
  4. Grazas meu, agradécense todos os apoios, e espero conquerir algo, aínda sexa pouco, algo simplemente algo.

    ResponderEliminar
  5. São iniciativas assim que dão esperança ao mundo.

    Boa sorte.

    Um abraço,
    mário

    ResponderEliminar
  6. Grazas de novo, o apoio moral é necesario também para nao perder a esperanza.

    Abraços.

    AL.

    ResponderEliminar