COLEGAS

lunes, 31 de diciembre de 2012

Tratando de voltar.

Fai xa máis dun ano que colguei a derradeira entrada deste blog, e agora, antes de rematar este 2012, vou colgar unha co firme propósito de manter esta fiestra da fauna ourensa coa actividade que se merece.

Ten sido un ano duro este 2012, moi atarefado no que ao traballo se refire, e con moi pouco tempo para adicarllo aos meus queridos bichos. Pero como parece que a miña vida volta a tomar o sendeiro da tranquilidade, dentro do que se pode esperar na miña hostaleira profesion, procurarei retomar, na medida do posible as miñas afeccións aparcanas durante todo este tempo.

Aqueles que me coñecedes ben sabedes que o novo negocio me ten moi absorvido, polo que nestes meses apenas si puiden coller os prismaticos au anotar nada no caderno de campo, pero non hai nada que cen anos dure, quizáis algunha catedral, e teño moitas sorpresas preparadas para vós para o vindeiro ano.

Sen mais non  quería rematar o ano sen desexarvos unha moi boa pasaxe de ano, que que este 2013 que comeza sexa para vos o millor posible. Apertas e moita saude!

9 comentarios:

  1. ¡Que alegría verte por aqui de novo! Feliz ano novo para ti tamén, Alberto

    ResponderEliminar
  2. Que boa nova Alberto!!! Botábamoste de menos.

    Unha aperta moi grande,
    Damián

    ResponderEliminar
  3. Aínda que xa tiñamos falado, aquí seguimos á espreita
    Máis saúdos Alberto

    ResponderEliminar
  4. Graciñas a todos polo voso apoio, a ver si cumprimos as espectativas...

    ResponderEliminar
  5. Me alegro mucho de tu vuelta, feliz año nuevo.

    Un abrazo,

    Pablo

    ResponderEliminar
  6. Oñio, o 2013 trae retornos, xa pensabamos que pasaras ao retiro monacal completo. Veña, dalle duro que Ourense precisa movemento.

    Apertas,

    Cesar

    ResponderEliminar
  7. Jeje, retirado estou pero non tanto...gracias aos dous, e saudos.

    ResponderEliminar
  8. Que ben que voltes!!!!

    Xa pensaba que ía tardar outros 15 en verte :-(

    Unha aperta grande,

    Diego R. Vieites

    ResponderEliminar
  9. Prometo que iso non ocorrerá! Saúdos meu.

    ResponderEliminar