COLEGAS

martes, 1 de enero de 2013

O cabalo garrano, unha raza da prehistoria.

"Non fai falla renunciar ao pasado ao entrar no porvir. Ao cambia-las cousas non e necesario perdelas"- John Cage (1912-1992)- Compositor estadounidense.

O cabalo garrano é unha raza de cabalo doméstico (Equus caballus) moi achegada aos tipos de cabalos salvaxes que en tempos prehistóricos foron representados polos nosos antepasados na arte rupestre.
Esta raza autóctona habita nos montes do norte de Portugal e o Sur de Galicia en réxime de semilibertade. Xunto con outras razas do Norte ibérico, pertence ao tronco denominado cantábrico-pirenaico, comporto por outras razas tan populares como o cabalo galego ou o asturcón.

En moitas ocasións non temos en conta aos cabalos semisalvaxes dos montes galegos coma fauna propiamente dita, senón como un animal doméstico máis. Sen embargo existen opinións de peso para integrar aos cabalos ceibes dos montes galegos como un protagonista máis da fauna ourensá. Debido ao seu particular réxime de explotación, á súa historia natural, ligada íntimamente ao equilibrio ecolóxico do seu hábitat. E, ademáis como unha parte importante da cadea trófica dos depredadores e carroñeiros dos nosos montes.

O cabalo garrano é quizáis unha das primeiras razas de cabalo domesticadas na Península, xunto co sorraia e o losino, e polo tanto moi próximas ao cabalo salvaxe orixinal o tarpán (Equus ferus), extinto en Polonia no século XIX. Na actualidade podemos atopar ao garrano nas serras limítrofes con Portugal, como por exemplo a serra so Xurés-Gêres.

Trátase dunha raza relativamente pequena, cunha alzada de 120-150 cm, e un peso de entre 150 e 190 kg, de capa parda, como podedes ver nestas imaxes obtidas na serra do Xurés-Gêres.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario