
COLEGAS
miércoles, 25 de marzo de 2009
Familia de avelaionas nun parque urbán en Ourense.




Aínda que as fotografías non son de boa calidade, amosan unha familia de avelaionas (Strix aluco) nun parque urbán da cidade de Ourense ó solpor do día 1 de agosto de 2008, confirmando a cría desta especie na cidade no barrio de As Lagoas, onde a parella foi atopada con tre polos volantóns á procura de comida, a especie foi escoitada durante todo o vran na zona onde finalmente se confirmou a cría.
As lagartixas de rabo azul
A rula turca, unha especie en expansión na provincia de Ourense


Se nos anos oitenta do pasado século a rula turca (Streptopelia decaocto) era unha especie prácticamente decoñecida na provincia, nidificando tan só en Xinzo de Limia, na actualidade esta especie está presente en tódalas vilas e cidades de importancia, mostrándose moito máis urbana que a súa parente migratoria a rula común (Streptopelia turtur) as fotografias proveñen de Vilar de Santos e Ourense, pero a especie xa está presene en vilas máis apartadas, como a Veiga ou Viana do Bolo.
A rá dos regos en Ourense





A rá dos regos (Rana iberica) é unha das especies máis frecuentes de anfibios da provincia, aínda que non tanto como a rá verde, poisestá máis limitada polo seu hábitat, esta especie é frecuente incluso en puntos cercanos á cidade dos ríos Loña ou Barbañica, de onde proveñen parte das fotos, extendida por toda a provincia pode ser locamente abundante cando as condicións do habitat son idoneas, tratase da dunha das duas especies de rá parda presentes na provincia, a outra é a ra bermella (Rana temporaria) limitada as cotas máis altas das serras centroorientais.
Píntega común nunha mina de auga en Xunqueira de Ambía
As toupas, victimas dun xenocidio en Ourense....



As toupas (Talpa occidentalis) son uns animáis moi perseguidos polos agricultores da provincia, voa proba delo son estas fotografías optidas nun pobo da Serra de San Mamede pertencente ó concello limiao de Vilar de Barrio, na zona antigamente coñecida como a limia alta, o día 6 de setembro de 2008, non vou comentar nada máis, simplemente as imaxes falan por si soas.
Buxato común morto por colisión en Ourense.



Este exemplar de buxato común (Buteo buteo) foi atopado perto de Vilar de Astres, no concello de Ourense, a carón dunha torreta de alta tensión, que con toda provabilidade foi a causante da morte do buxato, ó colisionar con ela e electrocutarse, este é un serio problema que afecta sobretodo ás aves planadoras. As fotografías foron optidas o día 17 de Xullo de 2008, a primeira fotografía corresponde a outro exemplar atopado a carón do encoro de Castadón, morto nas mesmas circunstancias, o día 10 de Xaneiro de 2003.
martes, 24 de marzo de 2009
O pombo unha especie urbana en ourense


O pombo (Columba palumbus) é unha especie frecuente nas zonas verdes da cidade de Ourense, son moitas as que crías tanto na vexetación de ribeira do río Miño coma nas árbores de parques e xardíns, ahi tendes unhas cantas fotos da pasada tempada de cría de 2008, optidas en diferentes puntos da cidade.
Niño dunha carriza nunha fonte do século XVIII





Este é o niño que unha parella de carrizas (Troglodytes trglodytes) ben utilizando dende hay anos dentro dunha fonte do ano 1735 situada en Vilar de Santos, a denominada fonte da Cachalbura, as fotos do macho cantor foron optidas en Ourense neste mes de marzo de 2009, ademáistamén se mostra outro niño atopado tamén nunha fonte dun monte de Pereiro de Aguiar, parece que este é un sustrato no que as carrizas gustan para aniñar.
Cegoñas e agricultura





Unha costume coñecida das cegoñas brancas (Ciconia ciconia) é a de seguir ós tractores cando estan a traballar a terra, nestes días nas terras da Limia os agricultures estan arando e agradando as fincas para sementar a nova colleita, principalmente de cereais, con eles un bando de cegoñas seguen os arados na procura de alimento, sen embargo como nestas datas as femias estan xa chocando os ovos no niño, son os machos os que buscan alimento con aínco para cebar á femia nos niños.
As fotos foron optidas en Vilar de Santos na pasada ponte do día do Pai de 2009.
As fotos foron optidas en Vilar de Santos na pasada ponte do día do Pai de 2009.
lunes, 23 de marzo de 2009
Larvas de píntega común na Limia



Fotografias de larvas de píntega común (Salamandra salamandra) atopadas no pobo abandonado de Saa (Vilar de Santos) nun pozo abandonado da antiga capital municipal o día 20 de marzo de 2009, a zona é unha importante zona de reproducción de anfibios, que acuden a reproducirse ás antigas fontes do pobo abandonado.
Píntega común nun barrio da cidade de Ourense
Limpafontes iberico no Loña
Parella de miñatos abelleiros en Ourense
Suscribirse a:
Entradas (Atom)