O furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus) é unha especie de toupa de auga endémica da Península ibérica.
Nos últimos tempos esta especie ten sufrido unha importante regresión poboacional que mesmo ten producido diversas extincións locais en distintos puntos do país, este feito unido ó reducido da súa área de distribución, restrinxida á metade Norte da Península, fixo que o furapresas fose declerado oficialmente como unha especie en perigo de extinción.
En Ourense, ata os anos 80 a especie estaba citada incluso no río Barbaña, sen embargo, nos últimos anos, a provincia non foi allea ó declive dos furapresas, e a súa presencia, antes habitual, tornouse máis rara.
Estas fotografías amosan un exemplar atopado morto, quizáis pola acción dun depredador, nas areeiras da Limia, dentro do concello de Sandiás, o día 13 de setembro de 2009, agardo algún día poder ofrecervos unha fotografía dun exemplar viviño e coleando...

No hay comentarios:
Publicar un comentario