Perto do propio pobo de Rairiz de Veiga existe unha pequena lagoa temporal moi frecuentada por diversas especies de anfibios para a reproducción, nesta época do ano soe ficar xa seca. Esta charca está rodeada de salgueiros (Salix sp) sobre os que ruben as silvas (Rubus fructicosus) que rematan colgando das polas dos salgueiros ata case toca-la superficie da auga.
Nunha destas silvas, facendo un extrano equilibrio, fixo este ano o niño unha carriza (Troglodytes troglodytes), toda unha obra de exquisita inxeneria e arquitectura animal, para que poidamos disfrutar da morfoloxia do niño desta especie.

No hay comentarios:
Publicar un comentario