COLEGAS

viernes, 11 de septiembre de 2009

Lontra en Ourense.







A lontra (Lutra lutra) é un mamífero mustélido acuático, que se ben non é unha especie escasa en Ourense, a súa observación si reviste certo tipo de dificultade, aínda que con paciencia todo se pode conseguir.

Estas fotografías dunha lontra buceando foron optidas o día 21 de xullo de 2008, no río Miño en Reza, se ben non as tiña colgado por que quería asegurarme primeiro de que pertencían a esta especie, dictamén que foi logrado por un experto da web: www.biodiversidadvirtual.com, Jorge Falagán.

Dende logo é toda unha boa nova que aínda poidamos contar ca presencia desta especie en Ourense e tan perto da cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario