Ladra ou lasca é o nome co que na comarca de Verín se coñece a Tarentola mauritanica (Ver: www.verinnatural.blogspot.com/search/label/Nomes vernáculos ), quizáis o único punto de Galicia onde esta especie é un réptil autóctono, xa que a coincidencia da distribución desta especie ca vía do tren, tense interpretado como unha traslocación e posterior establecimento, das poboacións residentes en Galicia.
A ladra é un réptil de distribución limitada na provincia de Ourense ás comarcas de Verín, Ourense e Valdeorras, mantendo incluso dentro desas comarcas unha distribución restrinxida a certos puntos e moi localizada.
Dentro da comarca de Ourense a especie só ten sido atopada na zona Norte do núcleo urbán da cidade, dende a estación de feracorril ata o barrio de o 21, esta particular distribución metropolitana parece confirmar a hipótese da traslocación de afectivos a causa do tráfico ferroviario de mercadorías.
Esta fin de semán Ourense recibiu a visita do herpetólogo lucense Martiño Cabana e a súa moza, Anxos, cos que tiven o pracer de "bichear", parte dos resultados optidos son estas fotografías da especie optidas o día 27 de setembro de 2009, nelas podedes observar un exemplar novo, un xuvenil, localizado no barrio do 21, o dedo é o de Anxos, para que vexades o grande que éra o becho.

No hay comentarios:
Publicar un comentario