COLEGAS

sábado, 1 de agosto de 2009

Unha excursión a carón do río Miño en Ourense.


No transcurso dun pequeno paseo polo paseo das Ninfas en Ourense o día 31 de Xullo de 2009 foron observadas numerosas especies de aves, algunhas delas seguramente xa en plena viaxe migratoria.

Numerosos alavancos (Anas platyrhynchos), algúns aínda con polos pequenos, gaivotas claras (Larus michahellis), Lavandeiras (Motacilla sp) e un largo etc, incluso xa algún corvo mariño (Phalacrocorax carbo).

Chama a atención, como xa ven sendo costume nesta zona e época do ano, a observación de falcóns pequenos (Falco subbuteo) alimentándose de insectos na vexetación de ribeira do río Miño, con especial incidencia na zona de Outariz.

Xa de volta se escoitan a lo menos sete exemplares distintos de moucho das orellas (otus scops)

No hay comentarios:

Publicar un comentario