



O corvo carnazal (Corvus corax) é unha especie máis ben escasa en Galicia. onde a maior parte da xente coñece ó corvo viaraz (Corvus corone) co simple nome de corvo, dentro do concello de Ourense a especie é moi rara, sobre todo dende o peche do vertedoiro de Eiroás, de feito as parellas máis cercanas coñecidas están asentadas en San Pedro de Rochas ,en Esgos e na Rieira Sacra en Nogueira de Ramuín, o pasado día tres de Agosto de 2009, foi observado un pequeno grupo, seguramente familiar en dispersión, no monte de o Cuco, todo un espectáculo de acrovacias aéreas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario