COLEGAS

martes, 11 de agosto de 2009

Colonia de anduriña das barreiras na Limia



A anduriña das barreiras (Riparia riparia) é unha especie peculiar de anduriña, xa que en lugar de face-lo niño con bulleiro, como veñen facendo todas as anduriñas presentes en Galicia, pon os ovos ó final dun buraco feito por ela mesma nalgún talude areoso, a Limia é un dos lugares onde esta especie é máis frecuente, debido sobre todo a natureza areosa do chan limiao, nestas fotografias pódense apreciar varios niños deta especie situados nunha illa dunha das areeiras do concello de Sandiás, o día 9 de agosto de 2009, cando se optiveron estas imaxes, os niños ainda permanecían activos, con adultos entrando e saíndo para ceba-los polos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario