COLEGAS

viernes, 7 de agosto de 2009

Unha pega entra nun bar do barrio das Lagoas






Hoxe día 6 de agosto de 2009 un polo do ano de pega (Pica pica) entrou de súpeto no bar Cobis, sito no barrio das Lagoas da cidade de Ourense, para asombro dos clientes e do propietario.

O animal, que estaba en malas condicións e tiña dificultades para voar, aceptou de bo grao a comida e bebida que lle ofreceu o propietario, aínda que seica se foi sen pagar, polo que din as malas linguas.

Unha vez avisado o SEPRONA, un axente recolleu a pega ó mediodía, para traslada-la ó Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Alto do Rodicio, para a súa recuperación e posterior solta ó medio natural, normalmente perto do mesmo sitio no que se atopou, polo que o mesmo volta ó bar para pagar a consumición.

Velaí tendes as fotos da pega vendo a tele...a onde imos chegar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario