COLEGAS

jueves, 20 de agosto de 2009

Comeza o paso dos papamoscas negros en Ourense





Xa dende hai uns días vense estes pequenos paxaros en paso migratorio, pero agora xa son realmente frecuentes na comarca de Ourense.

Aínda que hai contados casos de nidificación de papamoscas negros (Ficedula hypoleuca) na provincia, trátase dunha especie que se presenta de xeito moi abundante durante os pasos migratorios, sobretodo durante o paso postnupcial, que ocorre despois da cría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario