COLEGAS

martes, 17 de noviembre de 2009

Ahí ven o lobo.










Inspirado por un post que acabo de ler no blog de Rubén Portas (Noroeste Ibérico), e tirando de arquivo, vouvos contar unha historia que no seu momento me fixo por os pelos de punta ao ver un lobo en persoa, pero por causas ben tristes...veredes.

A principios de ano visitei o Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Alto do Rodicio, organismo que na actualidade depende da Xunta de Galicia e que é o encargado da recollida e posterior recuperación, dos animáis salvaxes que por distintas causas se recollen ao longo da provincia.

Nunha das gaiolas había un lobo ibérico (Canis lupus signatus) que, a pesar de ter á sua disposición un espazo bastante amplo pra moverse, soio utizaba unha pequena parte do recinto, que camiñaba ida e volta unha e outra vez, de forma que no 80% do recinto medraba alta a maleza e no outro 20%, estaba machacado e nú por tanto trasego do animal.

Extrañado por tal comportamento pregunteille ao garda que me fixo amablemente de guía durante a miña visita o por qué daquela situación, a resposta deixoume xeado.

Resulta que o lobo en cuestión fora decomisado a un particular que o tiña como se de un can se tratase, estivo atado duante uns anos ata que alguén denunciou o caso ás autoridades, xa que está prohibida a tenencia de animais salvaxes en catividade, o caso, punzante por certo, é que o noso animal estaba atado cunha cadea de apenas dous metros, e dende que foi capturado , cando aínda era un cachorro no cubil, ata que foi decomisado,anos máis tarde, estivo sempre así, atado as 24 horas do día, polo que na actualidade, o animal está tan tocado psíquicamente que non se move do radio que hipotéticamente lle deixaría a cadea, a pesar de que agora está solto...

Triste, moi triste final, para o rei dos depredadores galegos, parece mesmamente que a pena pode lerse nos seus ollos.

2 comentarios:

  1. Pois si, amigo.. direcihe máis, Pepe Salvadores (ADEGA) solicitou mediante nota de prensa a absolución do fulano que colleu un deses cachorros (feito que como sabrás está prohibido por lei). Non sei en que quedou a cousa...A ver si me animo un día destes a soltar unha entrada sobre a realidade do lobo en Galicia.
    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Interesante entrada Alberto, tanto como triste e realista...Absolución?...Adega?...Amiguismo?...
    anímate Rubén e fai a entrada antes de que non che quede material...un abrazo

    ResponderEliminar