COLEGAS

jueves, 5 de noviembre de 2009

Rás verdes en Oímbra.





Estes exemplares de rá verde (Pelophylax perezi) foron atopados no río Buble, no concello de Oímbra, nelas obsérvase o morfotipo pardo con ausencia da liña vertebral clara, máis próximo ás rás pardas (R. iberica/temporaria), que se aprecia no exemplar da primeira imaxe, ou ca susodita liña pouco patente, como os exemplares do resto das fotografías, datos que tamén comentaba Martiño Cabana o outro día.

A fotografía foi obtida o día 4 de outubro de 2009 na compaña precisamente de Martiño Cabana, a súa moza Anxos, Rafa Vázquez e Xosé Ramón Reigada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario