COLEGAS

domingo, 1 de noviembre de 2009

Gardafontes verde en Vilar de Santos








Estas imaxes de gardafontes verde (Triturus marmoratus) foron obtidas o día 21 de outubro de 2009 perto do pobo de Toxeiriño, en terreos do concello limiao de Vilar de Santos.

O gardafontes verde é unha especie de anfibio urodelo ben distribuída na provincia de Ourense, aínda que, na bisbarra de A Limia, parece acadar densidades inferiores a outras especies similares (xen. Lissotriton).

Nas fotografías tamén podedes apreciar unha posta de caracol, posiblemente do xénero Helix, que este macho de bía de estar tratando de depredar, non se trata dunha posta de este anfibio xa que os gardafontes poñen os ovos sempre na auga e de forma aillada pegados ás follas da vexetación acuática.

2 comentarios:

  1. Ola Alberto.Magníficas fotos e magníficos exemplares. Principalmente o da posta. Supoño que está baixo da auga.Como fas para que o flas non se refrexe? Con polarizador?
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Vou corrixir este post, despois do teu comentario, como a foto non está feita baixo a auga, chamei a Martiño Cabana para esegurarme do asunto da posta, pois ben a posta é dun caracol (posiblemente Helix) e o gardafontes esbaba seguro tratando de comer nos ovos.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar