Nestas imaxes podedes apreciar a un dos meus bechos favoritos, a píntega común (Salamandra salamandra), estas fotografias foron obtidas no pobo de Outeiro, no concello limiao de Vilar de Santos o día 31 de outubro de 2009.
Chamoume a atención deste exemplar en concreto, o escaso número de manchas amarelas, nos costados prácticamente carece delas, o que lle daba ao animal un aspecto especialmente escuro, a variación individual do diseño e número de manchas das píntegas é moi elevada, dentro incluso dunha mesma poboación, algo común a outras especies de anfibios da provincia, como Pelophylax perezi, Bufo bufo ou Discoglossus galganoi.
Nas imaxes asemade tamén podedes aprecia-la ton roxiza dalgunha das pintas, unha das características que identifica á subespecie de píntega presente en Ourense (S.s. gallaica).

No hay comentarios:
Publicar un comentario