A semana pasada foron subidas ao blog parte destas fotografías identificadas como lagartixa das serras (Iberolacerta monticola), sen embargo a identificación era errónea e hai que agradecerlle acorección ao herpeólogo lucense Martiño Cabana, así que ahí vai o post.
Exemplares de lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), localizadas o día 7 de setembro de 2008 a máis de 1200 metros de altitude na serra de San Mamede, en terreos pertencentes ao concello de Vilar de Barrio, nestas imaxes podedes apreciar un deseño diferente ao predominante noutras zonas de Ourense, como as da propia capital e arredores, sem embargo, coma noutras especies de hérpetos, as lagartixas dos penedos presentan unha forte variación individual no deseño, incluso en membros da mesma poboación.

Non poría a man no lume, pero ¿seguro que o exemplar das últimas fotografías non é unha Podarcis bocagei? Paréceme que ten unha cabeza moi alta para ser unha P. hispanica. Aínda que a P. bocagei soe ser máis verde, hai exemplares así, sobretodo por esa época.
ResponderEliminar