COLEGAS

martes, 7 de junio de 2011

Lagartixa cinsenta no Pereiro de Aguiar.




Este exemplar de lagartixa cinsenta (Psammodromus hispanicus) foi atopado, non sin esforzo, durante o transcurso das Xornadas Formativas do programa SARE o pasado día 28 de maio de 2011, en terreos pertencentes ao concello do Pereiro de Aguiar.

A lagartixa cinsenta é un lacerto termófilo (gústalle a calor) cuia distribución galega se restrinxe exclusivamente á provincia de Ourense. Dentro desta, a especie está presente na Depresión Ourensá, en puntos das Terras de Celanova, no Val do Támega e en Valdeorras. Sendo o Val do Támega (bisbarra de Monterrei) a zona que parece posúir poboacións máis numerosas e mellor distribuídas.

A súa alta capacidade de dispersión parece estarse vendo faborecida en certos puntos pola deforestación provocada polos incendios forestais e o mentemento de certas infraestruccuras eléctricas, como as liñas de alta tensión, que levan consigo contínuos desbroces da vexetación que parece estar servindo de vía de expansión para que a especie acade novos territorios. datos aos que temos que unir o aquecimento xeneralizado do planeta debido ao tristemente famoso "Cambio climático".

9 comentarios:

  1. Cabrón! ¿como carallo fixeches para collela coa mao?
    Qué envexa!!
    Xabi Prieto, desde Escocia.

    ResponderEliminar
  2. Por certo, o das liñas de alta xa o tiñamos comentado eu e Manu Arzúa, cando traballábamos para o Atlas galego da SGHN. Sí que era chamativo a súa presenza baixo torres eléctricas nalgunhas localidades.
    Interesante...

    ResponderEliminar
  3. Ei, quen dixo que a man fose de Alberto?...
    Xa estabamos en Pereiro? no ign o limite aparece mais arriba, ou perdinme..

    ResponderEliminar
  4. A mín pareceume que o Lagarto arnal aumentou na zona de Esmelle-Covas (Ferrol) cando fixeron as pistas da parcelaria e quizáis o Lagarto das silvas tamén.
    ¿Qué opináis? ¿É cousa miña?
    Un saúdo
    Paco

    ResponderEliminar
  5. Certo o bicho pillouno César, ver para crer...

    Sí estabamos en terreos de Pereiro de aguiar, aínda que xusto no límite.

    E Paco, non coñezo Esmelle polo q non podo opinar da túa zona. na Limia ocurriu xusto ao contrario, por que a concentración eliminou a sebes que supuñan o refuxio para esas especies.

    ResponderEliminar
  6. Así que esa uña tan pulcramente recurtada era de César...vaia, vaia..
    Paco, sobre o que comentas douche a miña opinión, que tampouco son un experto. Polo que sei o Lagarto arnal (T.lepidus) só vive en lugares rochosos de Ferrolterra, especialmente no entorno do Cabo Prior. Ás veces areentos (Doniños, San Xurxo,..)pero sempre perto de refuxios de pedra. Non sei a qué zona de Esmelle te refires. Sorpréndeme que o teñades nas parroquias interiores de veiga fluvial, a verdade. De ser así, con toda seguridade estará asociado a muros de pedra bastante soleados. O das pistas da parcelaria, pois nin idea. É máis probable que lle afecte positivamente o efecto dos lumes nas ladeiras de monte, que fai medrar hábitats máis favorábeis para a especie (como dí Galán). Pero as pistas da parcelaria en chairas de prados e cultivos, a verdade, non penso que lle afecte ao Arnal na nosa zona, onde ten un hábitat moi moi selectivo. En Ourense é outra historia..
    De todas formas cando volvamos a vernos por aló falamos mellor do tema "in situ".
    Un abrazo.
    PD: o dos comentarios meus suprimidos foi cousa miña. Tiven un par de faltas ortográficas (cambiando o apelido de Manu, por exemplo) e preferín borralos. Non foi a censura de Alberto, ollo (que sempre hai mal pensados)

    ResponderEliminar
  7. Bueno a estas alturas creo que se me pode chamar de todo menos censor, jejeje.

    Sinto corrixirte de novo Xabi pero eu dixen que a lagartixa a collera César non que esa man fose de César xa que é de Enrique no momento que estaba explicando as características da especie.

    Co asunto de Esmelle mantédeme informado porfa que me parece interesante os datos que poidan sair de ahí.

    Un saúdo a todos!

    ResponderEliminar