COLEGAS

martes, 7 de junio de 2011

Lagartixa cinsenta no Pereiro de Aguiar.




Este exemplar de lagartixa cinsenta (Psammodromus hispanicus) foi atopado, non sin esforzo, durante o transcurso das Xornadas Formativas do programa SARE o pasado día 28 de maio de 2011, en terreos pertencentes ao concello do Pereiro de Aguiar.

A lagartixa cinsenta é un lacerto termófilo (gústalle a calor) cuia distribución galega se restrinxe exclusivamente á provincia de Ourense. Dentro desta, a especie está presente na Depresión Ourensá, en puntos das Terras de Celanova, no Val do Támega e en Valdeorras. Sendo o Val do Támega (bisbarra de Monterrei) a zona que parece posúir poboacións máis numerosas e mellor distribuídas.

A súa alta capacidade de dispersión parece estarse vendo faborecida en certos puntos pola deforestación provocada polos incendios forestais e o mentemento de certas infraestruccuras eléctricas, como as liñas de alta tensión, que levan consigo contínuos desbroces da vexetación que parece estar servindo de vía de expansión para que a especie acade novos territorios. datos aos que temos que unir o aquecimento xeneralizado do planeta debido ao tristemente famoso "Cambio climático".

9 comentarios:

  1. Cabrón! ¿como carallo fixeches para collela coa mao?
    Qué envexa!!
    Xabi Prieto, desde Escocia.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Por certo, o das liñas de alta xa o tiñamos comentado eu e Manu Arzúa, cando traballábamos para o Atlas galego da SGHN. Sí que era chamativo a súa presenza baixo torres eléctricas nalgunhas localidades.
    Interesante...

    ResponderEliminar
  5. Ei, quen dixo que a man fose de Alberto?...
    Xa estabamos en Pereiro? no ign o limite aparece mais arriba, ou perdinme..

    ResponderEliminar
  6. A mín pareceume que o Lagarto arnal aumentou na zona de Esmelle-Covas (Ferrol) cando fixeron as pistas da parcelaria e quizáis o Lagarto das silvas tamén.
    ¿Qué opináis? ¿É cousa miña?
    Un saúdo
    Paco

    ResponderEliminar
  7. Certo o bicho pillouno César, ver para crer...

    Sí estabamos en terreos de Pereiro de aguiar, aínda que xusto no límite.

    E Paco, non coñezo Esmelle polo q non podo opinar da túa zona. na Limia ocurriu xusto ao contrario, por que a concentración eliminou a sebes que supuñan o refuxio para esas especies.

    ResponderEliminar
  8. Así que esa uña tan pulcramente recurtada era de César...vaia, vaia..
    Paco, sobre o que comentas douche a miña opinión, que tampouco son un experto. Polo que sei o Lagarto arnal (T.lepidus) só vive en lugares rochosos de Ferrolterra, especialmente no entorno do Cabo Prior. Ás veces areentos (Doniños, San Xurxo,..)pero sempre perto de refuxios de pedra. Non sei a qué zona de Esmelle te refires. Sorpréndeme que o teñades nas parroquias interiores de veiga fluvial, a verdade. De ser así, con toda seguridade estará asociado a muros de pedra bastante soleados. O das pistas da parcelaria, pois nin idea. É máis probable que lle afecte positivamente o efecto dos lumes nas ladeiras de monte, que fai medrar hábitats máis favorábeis para a especie (como dí Galán). Pero as pistas da parcelaria en chairas de prados e cultivos, a verdade, non penso que lle afecte ao Arnal na nosa zona, onde ten un hábitat moi moi selectivo. En Ourense é outra historia..
    De todas formas cando volvamos a vernos por aló falamos mellor do tema "in situ".
    Un abrazo.
    PD: o dos comentarios meus suprimidos foi cousa miña. Tiven un par de faltas ortográficas (cambiando o apelido de Manu, por exemplo) e preferín borralos. Non foi a censura de Alberto, ollo (que sempre hai mal pensados)

    ResponderEliminar
  9. Bueno a estas alturas creo que se me pode chamar de todo menos censor, jejeje.

    Sinto corrixirte de novo Xabi pero eu dixen que a lagartixa a collera César non que esa man fose de César xa que é de Enrique no momento que estaba explicando as características da especie.

    Co asunto de Esmelle mantédeme informado porfa que me parece interesante os datos que poidan sair de ahí.

    Un saúdo a todos!

    ResponderEliminar