COLEGAS

jueves, 21 de julio de 2011

As curuxas da igrexa de Santiago de Allariz.













Moitas veces, a través das páxinas deste blogue, témonos achegado á curuxa e ouotras especies de aves rapaces nocturnas, afondando no alto coñecimento popular do que gozan este grupo de aves no noso agro, e tamén a ánima adversión que provocan nos seus habitantes como portadoras de mal agoiro, anunciadoras da morte e doutras desgracias. Este alto coñecimento popular das rapaces nocturnas, ou estrixiformes, trouxo consigo un gran número de nomes vernáculos para designar ás diferentes especies, e tamén un bon número de topónimos, que fan referencia á presenza das mesmas.

Sen embargo a mala sona dos mouchos, bufos, avelaionas e curuxas non sempre foi tal. Na antigüidade as apaces nocturnas foron incluso adoradas como símbolos vivo dos deuses na terra, así, o moucho era o símbolo da deusa Atenea do Olimpo grego, feito que se ve reflectido no propio nome científico do moucho, Athene noctua. Os bufos eras portadores de bos presaxios para certas crenzas paganas centroeuropeas, e, ao parecer, tamén para os habitantes dos castros galegos.

Coa chegada do cristianismo os símbolos pagáns das relixións anteriores, foron en gran parte demonizadas, e aquelo que antes era símbolo do divino e trascendente, agora o era do satánico e infernal.

O arte románico é quizáis o máis simbólico neste senso, sobre todo no que á iconografía zoomórfica se refire, quizáis apoiado polo feito de atoparse nun período histórico convulso, con fortes enfrentamentos entre o cristianismo e o islamismo do Sur da Península, e o cristianismo e os retazos das relixións pagás anteriores que aínda calaban fondo nos habitantes pouco ilustrados dunha Galicia rural.

A falla de letras dos habitantes galegos é tamén a causa da forte simboloxía cristiá da época, o cristianismo, cunha liturxia en latín, debía dirixirse a un pobo analfabeto, polo que as imaxes serían máis útiles que as letras. Os canecillos a carón dos tellados das igrexias, e as partes esquerdas das entradas serían o símbolo do pecado, da tentación, e a parte dereita, simbolizaría a salvación e a redención.

Desta volta amósovos un pequeno exemplo localizado na igrexia románica de Santiago de Allariz, construída entre os séculos XII e XII, nela apreciamos, en dúas das súas portadas, sendas aves rapaces nocturnas, que semellan ser curuxas.

Estas curuxas aparecen na metade esquerda da portada, algo que como xa conmentamos con anterioridade simboliza algo negativo. No románico galego é moi frecuente representar aves susurrando pecados aos ouvidos dos fieis. Esta simboloxía reiterada na maior parte das igrexas da época, soe verse representada por butres, águias e curuxas, antigos representantes dos deuses, que agora xogan o papel de mensaxeiros do diaño.

2 comentarios:

  1. Ei Alberto, se por tal fose as Curuxas levanme susurrado uns cantos centos de pecados, entre as que vexo e ouvo por aí e as detectadas no programa NOCTUA e mais a parella que aniña no buraco da bodega nin che conto, interesante aportación
    Saúdos
    Xosé Ramón

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén teño uns cantos pecados, curuxeiros e non curuxeiros...Un saúdo!

    ResponderEliminar