COLEGAS

jueves, 20 de agosto de 2009

Gobios no río Miño en Ourense


Comézase a pefilar a distribución desta especie na provincia de Ourense, na actualidade sabemos que esta especie está presente na totalidade da cunca do Miño, incluíndo tódolos seus afluentes, no encoro de Prada en A Veiga e na conca do río Támega.

Esta foto foi obtida o día 19 de agosto no río Miño e Ourense.

Debemos destacar que o gobio (Gobio lozanoi) non estaba citado en Galicia con anterioridade ó ano 1990, e non aparecía no Atlas dos Vertebrados de Galicia 1980-85 publicado pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), sen embargo é unha especie extremadamente abondosa en Ourense, sendo unha das especies máis afectadas polo verquido tóxico ó río Barbaña o mes de Xullo de 2009.

2 comentarios:

  1. Boas Alberto, en realidade parece que agora chamase Gobio lozanoi, nalguns rios o parecer ceibouse como cebo de pesca pero agora esta extendido por moitos rios do sur. Saudos

    ResponderEliminar
  2. Graciñas meu, me parece que algo lin ao respecto o outro día, nisto da sistemática hay que estar moi atento para non quedarse atrás

    ResponderEliminar