COLEGAS

viernes, 27 de noviembre de 2009

A deforestación eléctrica.






A ver se alguén é capaz de aclararme este despropósito, xa que eu non son quen de entendelo:

Reseulta que a cabalo entre os concellos de Ourense e Pereiro de Aguiar, me atopei con esta estampa, un cortalumes en toda regra, e diredes, esto é do máis habitual, e é ben certo que a pouco que observas os montes de Galicia reparas nas cicatrices eléctricas probocadas polo mantemento e salvagarda das liñas de alta tensión, sen embargo a miña dúbida é outra, como verdes nas imaxes a zona afectada pola tala é un reducto de fraga autóctona termófila ourensá, que fica rodeada por zonas de repoboación de piñeiros nos que os efectos serían moito menos perxudicias, pero evidentemente esas terras terán donos, sen embargo, a apenas 1 km de distancia a liña en custión pasa por riba de zonas habitadas...

¿Non supón unha contradicción que se tale a cuberta vexetal por si cae o cable e prende lume, ou por si prende lume e cae o cable, e despois ese perigo esté sobre a cabeza e o xardín dalgún veciño?

3 comentarios:

  1. Os humanos... ese virus, tan deprimente coma realista. Saudiñas

    ResponderEliminar
  2. A Lei e regulamento das liñas aéreas de media e alta tensión deixan claro que, según a potencia da liña, debe de estar limpa a liña de afección. E dicir, dende a vertical dos cables exteriores e ata unha distancia acorde coa potencia(mediante fórmulas)non debe de de haber ramas que poidan tocar cos cables, e o mesmo no chan, porque esta proximidade pode cebar arco(cortocircuito) e de seguido soltar chispas e incendio de seguido.
    Aínda que as terras teñan dono, estes foron indenizados, as terras seguen sendo súas e poiden traballalas, eso sí cumprindo a normativa.
    Espero que sirva...

    ResponderEliminar
  3. Sin embargo creo que se podería escoller moito mellor as zonas polas que atravesan estas liñas, en ocasións de alto valor ecolóxico, sin estudos previos de impacto ambiental.

    ResponderEliminar