COLEGAS

martes, 21 de diciembre de 2010

Bon Nadal a tod@s.

"É de importancia fundamental para quen desexe alcanzar unha certeza na súa investigación, o saber dubidar a tempo"- Aristóteles (384-322 a.C.)- Filósofo grego.


Hoxe vouvos desexar unhas felices festas, e contar un pouco os propósitos para Fauna Vertebrada de Ourense no vindeiro ano.

Ao longo de todo este tempo parece que este blog foi evolucionando pouco a pouco, e chegou o momento de dar un pequeno xiro de cara o futuro. Así, en próximas xornadas falaremos de topónimos relacionados ca fauna vertebrada, falaremos de vernáculos recollidos na provincia, e falaremos de etnografía e folklore asociado á fauna; mesmo falaremos de arqueoloxía, nun apartado que se denominará paleofauna, e que nos axudará a comprender as orixes da nosa fauna.

Xa metidos en materia, e como a biodiversidade desta provincia é absolutamente cautivadora, falaremos tamén das razas domésticas autóctonas, que en parte axudaron a modelar a paisaxe actual, e alimentaron ao noso pobo durante centos de anos.

Todo esto é foito dunha necesidade, a de sacar á luz parte das máis de 17000 imaxes, que actualmente forman o meu arquivo persoal, e de seguir afondando no compromiso de divulgalas riquezas deste rincón do interior galego, moitas veces menospreciado, e en gran parte descoñecido.

Aproveito a ocasión nos só para desexarvos felices festas, senón tamén para agradecervos o voso seguimento e a vosa paciencia con este aprendiz de naturalista ourensán. Gracias por que dende o mes de xuño este blog acadou as 10000 visitas, e gracias tamén por que sin o voso apoio nada desto tería sentido.

Deixovos unha imaxe miña un pouco "pija", xa que no facebook din que non visto ben, a ver si agora logro cambiar de imaxe.

Un saúdo.

Al.

13 comentarios:

  1. Felices festas Alberto,
    Un saúdo
    Paco

    ResponderEliminar
  2. Felices fiestas y que logres sacar adelante todo lo que te propones para el año que viene, que no es poco.
    un saludo

    ResponderEliminar
  3. Gracias!

    Seguiremos trabajando duro, y en el bar también.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  4. Ahi ahi, marcando tendencia, agora que xa tes feibuk xa estas preocupado pola imaxe, como cambia o conto.. ;)

    ResponderEliminar
  5. Serás...inda por riba que che puxen un enlace no outro blog pa´que che suban...as visitas.

    Saudos!

    (por certo o outro milagro inda non se obrou)

    ResponderEliminar
  6. Moi felices festas a ti tamén. Parecen moi interesantes os proxecto para o ano novo. :)

    ResponderEliminar
  7. Felices Festas Alberto!!
    Parabens polo blog

    Saúdos

    Juan

    ResponderEliminar
  8. Grazas aos dous, nestes derradeiros días do ano comezaremos a andaina, peseniño, facendo o novo camiño.

    Un saudo.

    ResponderEliminar
  9. Sumamente interesante esa nova andaina do blog... estarei espectante...
    Bo nadal e boa pasaxe de ano
    Vémonos

    ResponderEliminar
  10. Pois algo tes ti que ver, polo menos na inspiración...e tamén na documentación!

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  11. Hola Alberto!!
    Muy buena tu apuesta para este nuevo año.
    Quero-vos un Bo Nadal e un ano cheo de alegría e saúde!!
    Saúdos do Delta del Llibregat!!

    ResponderEliminar
  12. Holaaa! hay que ver y en gallego!
    Sí señor, se ve que aprendiste bien y no se te ha olvidado, o bien que el google-traductor funciona mejor de lo que pensaba.

    Un saludazo!

    ResponderEliminar