COLEGAS

martes, 28 de diciembre de 2010

O zebro ibérico: enigma criptozoolóxico tamén en Ourense.


"Da moita forza cumprir co deber entre outros que non o cumpren, aínda cando se trate dun deber establecido de mutuo acordo."- Jakob Wassermann (1873-1934)- Novelista xudeu austríacao.

O vindeiro xoves día 30 de decembro de 2010, o Grupo Naturalista HÁBITAT, organiza na cidade de A Coruña unha charla sobre a identidade dun enigma criptozoolóxico de primeiro orde: O Zebro ibérico. Tendes todos os datos no enlazamento.

O zebro ibérico é un équido salvaxe que aparece nos catálogos de fauna antigos co nome non so de zebro, sinón tamén encebras. Este équido, admirado pola súa velocidade, é descrito coma un animal indomable e de pelaxe de rato.

Moitas foron as teorías que se verteron ao respecto deste enigmático animal, por un lado hai quen pensa que era unha sorte de burro salvaxe europeo, como os que aínda hoxe pululan polos continentes africano e asiático.

Por outro lado hai quen pensa que o losino, unha raza burgalesa de cabalo, disque moi primitiva, ou tamén o cabalo sorraiano, un cabalo de orixe portuguesa, serían a orixe destas lendas.

Sen embargo, nos últimos tempos, cobrou forza a teoría que identifica ao zebro coa especie Equus hydruntinus, un équido de pequeno tamaño do pleistoceno europeo, que puido sobrevivir na Península Ibérica ata os s.XVI, segundo afirman certos arqueozoólogos.

O certo é, que perante este enigma, non cabe sinón facerse a pregunta, puido o cebro habitar as terras ourensás?

Pouco, ou máis ben case nada sabemos ao respecto, a tradición oral non parece que deixara un recordo na mente dos habitantes da nosa xeografía provincial, non sendo que acudamos á toponimia, que, como noutros puntos da Galiza, pode axudar a entender a fauna pretérita ourensá.

Así, a cabalo entre os concellos de Carballeda de Valdeorras e A Veiga, non lonxe dos Altos do Campanario, atopamos O Cebral, a uns 1400 m de altitude. Este topónimo apararece tamén no concello de O Irixo, no extremo oposto da provincia.

Perto do límite con portugal aparece O Cebreiro, pertencente ao concello de Baltar e rondando os 1200 metros de altura.

A cabalo entre os concellos limiaos de A Porqueira e Os Blancos, a uns 900 m de altitude aparece o topónimo de Cebreiros.

No concello de Pereiro de Aguiar, aparece As Cebreiras, sendo este o topónimo situado a máis baixa altitude de todos os atopados.

Ante esto podémonos preguntar, foi o cebro un animal habitante das alturas?., ou foron estas alturas os seus derradeiros refuxios na provincia.

Este feito parece coincidir con outros topónimos galegos relacionados con este équido, como Pedrafita do Cebreiro, en Lugo.

7 comentarios:

  1. Olá Alberto.
    Curioso este tema. Em Portugal também há inúmeros topónimos semelhantes - Zebreiro, Zebral,... -, que conheço tanto no Norte como no Centro do país. Assim, de memória, julgo que todos os que conheço coincidem com lugares ermos e despovoados. Falta-me agora saber se estes topónimos terão alguma outra origem, que não seja a sua associação às "zebras" equinas.
    1 abraço

    Marco Fachada

    ResponderEliminar
  2. Unha cuestión, están a certa altitude?

    Grazas, polo comentario.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Sim, os locais que conheço estão a cerca de 1000 metros de altitude, alguns até a níveis superiores.

    ResponderEliminar
  4. Grazas Marco, paréceme un dato e ter en conta, porque ao mellor os topónimos se refiren a outro animal.

    Un saudo e boa pasaxe de ano!

    ResponderEliminar
  5. Supoño que coñeces esta cita, mais...

    Once a week: Volumen 1 - Página 456

    Eneas Sweetland Dallas - 1859 - Vista completa
    ... discovered a tradition of the former existence of an animal called zebro and zebre in the mountains which separate ... and widely dispersed from Galicia to Estremadura and Andalusia. This is a curious bit of lost accli- ...
    books.google.es

    Saudos
    O Miguel Losada

    ResponderEliminar
  6. Interesante documento sí señor, xa soio nos resta atopar un vivo!

    Grazas polo apunte bibilográfico, a verdade é que non o coñecía.

    Por certo Miguel, que me dis das perdices brancas? Poden ser as rabialbas?

    ResponderEliminar
  7. Recomendamos a lectura do seguinte artigo:

    http://www.criptozoo.com/it/criptozoologia/dossier/criptidi-terrestri/item/159-la-zoologia-storica-come-complemento-dellarcheozoologia-il-caso-dello-zebro

    ResponderEliminar