COLEGAS

jueves, 4 de agosto de 2011

O gato: un depredador urbán.














































Imos agora a tratar en certa medida un tema, que coido, vai ser espiñoso e quizáis algo polémico, como son os gatos asilvestrados urbáns. Tódalas cidades polas que teño estado teñen como depredador principal na cadea trófica ao gato doméstico (Felis catus) (ou felis lybica segundo algúns autores).



O costume que ten algunha xente de abandoar a mascotas nas rúas (máis algunha outra que escapa), trouxo consigo que na actualidade, na cidade de Ourense, existe un numeroso continxente de gatos nas rúas. Estas poboacións dependen an gran medida da comida proporcionada por algunha ánima caritativa, e tamén pola que eles mesmos son capaces de conquerir polos seus propios medios, ben sexa no lixo, ou cazando. E sí cazando, non é falsa a idea de que os gatos rueiros non deberían ficar nas rúas, pero pregúntome eu, de non existíren, serían os roedores os que camparían ás súas anchas polas rúas? unha reflexión sin dúbida que ben seguro traerá cola.


Na actualidade está prohibido segundo a normativa municipal do concello de Ourense, darlle comida aos animais nas rúas, tanto sexa gato, coma pomba ou pardao. Asemade existe un programa de esterilización de gatos asilvestrados na canceira municipal, e colocáronse unha serie de casetas para proporcionar refuxio e comida aos gatos rueiros.


Nestas imaxes tendes a proba da alta capacidade adaptativa do gato doméstico ao hátitat urbán ourensán. A femia que vos mostro captura un paxaro, a carón do río Barbaña, para darllo a un fillo que tiña agochado na mesma canle do río. Un lugar que por outra banda posúe unha poboación de gatos moi importante a nivel local.


Sin máis agardo as vosas opinións sobre o que estas imaxes amosan, a ver si entre todos sacamos alguna conclusión.

2 comentarios:

  1. Olá Alberto, pareceme moi ben que abras este debate. Na miña humilde opinión, creo que para solucionar o problema ten que haber un interese real por parte dos concellos en erradicar o problema. Con campañas masivas de captura, esterilización, eliminación das fontes de alimentación antrópicas (tanto a xente que lles da de comer como os vertedoiros o que implica unha mellora xeral do sistema de xestión e recollida do lixo). A veces iso non é moi popular, hai xente que non o entende e non quere comprendelo e con ensinarlle estudos que demostran o gran número de páxaros, lagartos, etc. que matan os gatos anualmente, non entran polo aro. Así que é complicado. Ademáis, non se vai ser capaz de capturar todos os gatos e a esterilización dos mesmos é custosa e ademáis non asegura que a xente que ten camadas non as solte na rúa de novo. O problema tamén pasa por esixir un maior control das mascotas. Eu creo que se se quere, se pode pero teñense que levar a cabo medidas continuas, custosas, impopulares e a veces, tráxicas.

    ResponderEliminar
  2. Moitas veces decoñecemos a incidencia dos nosos actos, por moi boas intencións que teñan.

    ResponderEliminar