"A xuventude dun ser non se mide polos anos que ten, se non pola curiosidade que almacena" - Salvador Pániker (Barcelona, 1927)- Filósofo español.
En máis dunha ocasión achegámonos a un ser, o escáncer ibérico (Chalcides bedriagai), a través das páxinas deste blogue, hoxe imos profuncidar máis nesta especie, para que, entre todos, aprendamos un pouco desta descoñecido membro da fauna vertebrada ourensá.
O escáncer ibérico, como o seu propio nome indica, é un endemismo ibérico, ou o que é o mesmo, unha especie exclusiva da Península Ibérica. Especie escasa na Galiza, aparece clasificada coa categoria de vulnerable no catálogo galego de Especies Ameazadas, debido principalmente ao restrinxido da súa área distribución galega, limitada á franxa costeira e a contados puntos da provincia de Ourense.
Dentro da nosa provincia a especie aparece nos vales fluviais de maior influenza mediterránea (Miño e Támega), aínda que debido a unha deficiente prospección específica da especie é máis que provable que a especie apareza en máis lugares dos que na actualidade se ten constacia.
A sistemática e variación xeográfica da especie ten sido obxeto de acalorados debates nos derardeiros tempos, estando admitidas na actualidade tres subespecies, sendo Ch. b. pistaciae a que está presente en Ourense. Esta subespecie, exclusiva do occidente ibérico posúe características propias, biométricas e cromáticas, e, de feito, hai autores que o consideran unha especie diferente por dereito.
Nestas imaxes podedes ver en detalle as características de dous exemplares observados o pasado día 31 de agosto de 2011, na compaña de Tania Fdez, en terreos pertencentes ao concello de Ourense. Nelas podedes observar a carencia de ocelos (frecuente no resto da área de distribución), o tamaño do orificio auditivo (maior que o nasal) e a relativa maior lonxitude das extremidades dianteiras, carazterísticas que definen aos escánceres ibéricos do Noroeste peninsular.
Deberías fotografiar os xenitais para ensinar como se poden sexar. Quedei flipado a primeira vez que mo ensinaron.
ResponderEliminarFaito, a semana que ven fago un post con iso, un saúdo!
ResponderEliminar