"Os males que non teñen forza para acabar coa vida, non a terán para acabar coa paciencia"-Miguel de Cervantes (1547-1616)- Escritor Español.
Fai un tempo que o compañeiro Diego rodriguez Vieitez informou, a través do Noticiario Ornitoxeográfico Galego, da volta dunha especie a terras limiás, o galo de crista branca (Fulica atra). Cando o lin quixen ser partícipe da felicidade deste feito acudindo ao lugar para inmortaliza-la feliz presenza desta especie na bisbarra.
Pero vaiamos por partes e fagamos algo de memoria adentrándonos no que sabemos e na historia desta especie na Limia. En primeiro lugar o nome, en castelán "focha", en galego foron utilizados varios, coma "demo negro" ou "galiñola negra", Villarino, González & Bárcena, recollen, na súa obra "Vertebrados da Limia", de obrigada lectura, galo, ou galo de crista branca, recomendando o uso deste último. Este nome parece moi apropiado xa que o asemella á pita d´auga (Gallinula chloropus), parente próximo, e fai unha clara alusión aos detalles físicos da especie, como podedes ver nas imaxes.
O galo de crista branca (Fulica atra) foi en tempos de antela unha especie abondosa, os seus ovos recollidos para o consumo, e os adultos cazados para a cazola. A pesar da desecación a especie mantivo até os anos 90 do pasado século, un continxente reproductor de certa importancia na Limia. Ao mesmo tempos eran tempos nos que a poboación invernante chegaba a varios centos nos encoros da cunca do Miño-Sil, segundo se recolle nos censos.
Coa chegada do novo século XXI, comeza o declive da especie, a poboación reproductora chega case a desaparecer na provincia, e a invernante sofre unha drástica diminución. Varias son as causas que se postulan para tan dramáticos feitos. A caza, o cambio drástico do hábitat, a introducción de especies alóctonas (o visón americano) ou mesmo a proliferación do xabarín parecen estar detrás do problema.
Na Limia, contadas citas case sempre referidas a exemplares solitarios, parecen indicar que algunha parella puidera ter pasado desapercivida, pero non se ten constacia da reproducción nos derradeiros anos. Agora seis exemplares paracen ser a semente que algúns agardamos sexa o comezo da volta do galo de crista branca. Ninguén podía presaxiar que a estas alturas de século o galo de crista branca fose tan escaso xa para os ourensáns como en tempos o seu parente a "focha moruna" (Fulica cristata) o foi para o conxunto do estado, "cousas veredes" como din na miña terra. Mentras tanto, disfrutade destas testimoniais imaxes, que dan conta dunha boa nova.

Nice Coots.
ResponderEliminarOlá Alberto. Non vira aínda esta entrada (xa sabes que agora teño que atender o meu bloge tamén,je, je)
ResponderEliminarAlégrome.. non moito; moitísimo. Como teño comentado en Galiciaves, o declive da F.atra é aínda máis alarmante na zona norte. Aquí non existiron desecacións nin nada así. E a incidencia do Visón é probablemente mínima. Pero a sp experimentou un retroceso brutal.
Espero que eses 6 exemplares se "poñan a traballar" para recuperar unha poboación do Galo da crista.
Un abrazo.
Xa che dixen que o "rollo blogueiro" engancha, felizmente, que tódalas adiccións fosen esas...
ResponderEliminarEu tamén agardo que os galos chegaran para quedarse e non marchar nunca! e que a súa ausencia fose tan só un pequeno revés no seu longo camiño.
Saúdos.