"Calquera pode simpatizar coas penas dun amigo; simpatizar cos seus éxitos require unha natureza delicadísima"- Oscar Wilde (1854-1900)- Poeta e dramaturgo irlandés.
A herpetoloxía é a ciencia que estuda aos anfibios e réptiles (hérpetos), así esta ciencia pode ser exercida de maneira profesional, por biólogos principalmente, ou de maneira autodidacta, como o fan a maioría, de maneira aficionada. Feito que ocorre a miúdo con outras disciplinas, como a ornitoloxía, que é a ciencia das aves.
Tania e máis eu somos amigos dende hai xa uns anos, os nosos camiños se cruzaron casualmente e ahí xurdiu unha amizade coa que ambos aprendimos algo, para mín unha das definicións das relacións persoais é esa. Xa noutra ocasión nos achegamos xuntos para amosarvos unha amizade anfibia.
Desta volta seguimos a superar a fobia aos hérpetos, coa escama por protagonista, co fin de que Tania deixe atras o seu medo a este tipo de vertebrados. Con ese fin saímos ao campo o pasado día 31 de agosto de 2011, con ese fin e o de mirar como está o pulso da natureza que rodea a cidade na que vivimos.
A xornada mostrouse abondosa en especies, entre os réptiles observamos: lagartixa rabuda (Psammodromus algirus), lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), cobra rateira (Malpolon monspessulanus), escáncer ibérico (Chalcides bedriagai). E entre os anfibios sapo corriqueiro ou rairo (Bufo calamita) e rá verde (Pelophylax perezi). En apenas tres horas de observación, o cal está moi ben.
Tania deixou xa o seu medo aos anfibios en pasadas xornadas, e agora, despois desta, os réptiles causanlle menos repulsión, como podedes ver. A amizade, unida ao bicheo é unha experiencia única e recomendábel, ánimo rapaces a sair ao campo e a disfrutar desta fin de semana, e o luns nos lemos e nos contamos que tal nos foi. Mentras tanto déixovos un momento friki de amistade coa canción do seguinte enlazamento. Deica!

No hay comentarios:
Publicar un comentario