COLEGAS

lunes, 5 de septiembre de 2011

Unha rapaz descoñecida na Limia.





Esta finde tocou visitar a Limia, e tamén á familia afincada alí, na terriña. Como non podía ser doutra maneira, tamén tocou darlle unha volta para "bichear" e tomarlle o pulso ao paso postnupcial na comarca.

Así o sábado día 2 de setembro de 2011, topeime con esta ave rapaz en terreos do concello limiao de Vilar de Santos, que despois de darlle voltas, non son quen de finaliza-la identificación, xa vedes que últimamente non ando eu moi acertado no que a identificacións se refire, será que os trinta fan xa mella, ou que a preguiza se instalou paseniño no meu senso.

A mín, no persoal, tenme pinta de águia caudal (Hieraaetus pennatus), polas manchas brancas dos ombreiros, sen embargo, ao levantar o voo, momento que non puiden inmortalizar, non me pareceu tal, xa que a envergadura me deu a impresión de ser maior. O deseño facial tamén rematou de despistarme cando reparei nas fotos, aínda que unha muda incompleta pode dar falsas impresións.

Sexa como sexa ahí vos deixo as fotos a ver si vós me podedes axudar, coma no caso do sapoconcho ourensán. Un saúdo e grazas anticipadas.

7 comentarios:

  1. Hola Alberto, yo también creo que es una calzada (Hieraetrus pennatus). Estos dias se están viendo bastantes en migración.
    un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Muy buenas, gracias por el comentario, esa es mi teoría básicamente por las "luces de posición".

    Un saludo!

    ResponderEliminar
  3. En el foro Galicia-aves apuntan a un juvenil de Pernis apivorus

    ResponderEliminar
  4. no me parece un abejero joven, fíjate en la mancha banca del ala (las luces de posición?), los abejeros no la tienen y la calzada si. No se, pero la estructura general me parece de calzada.

    ResponderEliminar
  5. Pues en el foro hay casi unanimidad, a escepción de unos correos privados que apuntan a Circus aeruginosus y Hieraaetus fasciatus

    ResponderEliminar
  6. Habrá que seguir bicheando para ver si damos identificado mellor, que vese que estou enferruxado...

    ResponderEliminar