COLEGAS

martes, 4 de enero de 2011

Ano novo ilusións novas: A Lagoa de Antela no meu senso.



"Nunca se vai tan lonxe como cando non se sabe a onde se vai"- Oliver Cromwell (1599-1658)- Lider político e militar inglés.

Disque os habitantes dos pobos da serra, subían ao cumio de San Mamede para velo mar, ese mar non era outro que a Lagoa de Antela, un humidal interior de auga doce duns 40 km2, que foi desecado polo réxime franquista. Un mar sin faro que nos guiara, que desapareceu ao abrigo dunha lei dictatorial do 27 de decembro de 1956.

A falta do mar, a ausencia da Lagoa, imprime nos limiaos amantes da natureza, unha saudade, un sentimento de melancolía, perante a destrucción dun enclave faunístico de primeiro orde que nos foi vilmente roubado e que a día de hoxe sería un firme candidato a paque nacional, e un potencial económico que daría ás e non patacas podres aos veciños.

Un enclave fogar de cisnes boreais (Cygnus sp), fogar de milleiros de aves, fogar do bruión (Botaurus stellaris) e fogar dun corazón hoxe desprazado, horfo. Que se ten que conformar cun pequeno charco no que antes era un mar. Sen praia, pero con pasteiros que daban de comer a centos de cabezas de gando.

Lopez Cuevillas describiu na súa obra o abraio dos habitantes da cidade de Ourense ao descubrir sobre os tellados das casas "un exercito de patos", que descasanban antes de acudir á hoxe maltreita Lagoa de Antela.

As xentes limiás teñen unha frase para describir este feito, para dar conta das aves que cada ano facían da Lagoa o seu fogar: "Anubraban o Sol".

Eu, pobre de mín, limiao dos pés á cabeza, non podía ser menos, e sinto no meu interior a sequedade imposta polo pasado. Mais abrigo un raio de esperanza, e agardo que algún día o exército do rei Arturo volte a voar sobre a miña cabeza, enfeitizado. Agardo presto para escoitar as campanas de Antioquía e soño, cando miro a posta do Sol, que algún día un faro nos guíe para recupera-la nosa Lagoa.

Mentres os meus soños non se cumpren, agardo que neste novo ano Fauna Ourense sexa un faro interior que vos guíe na vosa Ilíada faunística a través da provincia de Ourense.

Agardo que afondemos xuntos no coñecimento da provincia esquecida e mil veces maltreita. Agardo escoitar a aquelas xentes que nunca foron escoitadas, e con elas, afondar no saber antergo da nosa Terra Galega.

E agardo traballar para que os meus desexos se fagan realidade.


9 comentarios:

  1. A verdade e que so tentar imaxinar a verdadeira magnitude da lagoa da arrepio, habera que seguir a puxar para tentar recuperar alomenos unha minima parte do seu tamaño.

    ResponderEliminar
  2. É unha mágoa que nunca podremos saber cal foi a verdadeira entidade da poboación da fauna da lagoa, só nos queda o maxín.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Ola Alberto!

    Ante todo, desexarche feliz aninovo, e que, se pode ser, veña mellor que 2010.

    Sobre o teu post de Antela, dicir que me parece moi acertado e completo. O único, suxeriríache que incluiras unha referencia a estas dúas obras:
    - Martínez Carneiro, X.L. (coord.) (1997). Antela. A memoria asolagada. Edicións Xerais de Galicia, Vigo.

    - Villarino, A., González, S.J., Bárcena, F. (2002). Vertebrados da Limia, dende a lagoa de Antela ós nosos días. 1 Aves: Gaviiformes a Piciformes. Limaia Edicións.

    e a estas ligazóns:
    www.antela.org
    http://www.sghn.org/Publicacions/Paspallas/Paspallas_32_A%20Limia.pdf

    Como opinión persoal, é fundamental subliñar o traballo de Serafín González Prieto e Antonio Villarino en prol da conservación e rexeneración da comarca limiá.

    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  4. Por certo, un apuntamento sobre o tamaño da lagoa de Antela: nas invernías "normais", a zona asolagada era lixeiramente maior que a enseada de San Simón.

    Cando vou de Pontevedra a Vigo por autoestrada, ás veces lémbrome de Antela ao ver San Simón...

    Saúde,
    Damián

    ResponderEliminar
  5. Como dín por ahí vísteme despacio que teño presa.

    Esta entrada será a primeira dunha serie sobre a ornitofauna antelá que terán lugar nos próximos días.

    Un pouco para descubrir o encanto de Antela e o que hoxe nos queda dela, pouco no material, pero moito no espiritual.

    Con respecto ás imaxes que acompañan o post gustaríame dicir que ambas son da Limia.

    En primeiro termo está unha posta de sol dende as areeiras da Limia (Sandiás) da pasada finde, co sol sobre a "Feira Nova", se pescudades na imaxe vese a maquinaria de extracción de áridos.

    A segunda é do pasado 12 de decembro, trátase dun cabalo na Veiga de Ponteliñares (Rairiz de Veiga) e pareceume apropiada para ilustra-la ausencia do gando perante a desecación da Lagoa.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. Olá Alberto
    Faço votos que os teus na tua terra aprendam a valorizar tudo o que a natureza tem de belo e deslumbrante, assim como desejo que os meus conterrâneos aqui em Portugal se apercebam também do muito de bonito que existe por cá e que tem sido tão maltratado.
    Espero que o futuro traga uma Península Ibérica cada vez mais verde e que o pensamento ecológico se torne parte do civismo e conhecimento do cidadão comun.
    Votos de força e desejo-te um Ano Feliz_BB

    ResponderEliminar
  7. Grazas BB, agardo que os desexos transfronteirizos se cumpran o antes posibel.

    Que Iberia sexa forte, verde e ecolóxica!

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  8. Love the countryside!
    That horse looks a little lonely~
    ~Greetings*

    ResponderEliminar