COLEGAS

lunes, 4 de abril de 2011

A faciana da cobra de auga.






A cobra de auga viperina (Natrix maura), é un réptil, ofidio, de hábitos anfibios moi frecuente nesta nosa provincia de Ourense.

Sempre achegada á cursos de auga, aínda que en ocasións pódese separar unha certa distancia deles, a cobra de auga viperina debe o seu nome á imitación que tratade facer das víboras para defenderse. Esta imitación pasa por adoptar diseños cromáticos similares, e adoptar poses en caso de ameaza, que se asemellan aos oficios do xénero Vipera.

Pese ao que moita xentre cree, as cobras de auga son totalmente inofensivas, non posúen veleno, e rara vez atacan, preferindo en caso extremo, facerse as mortas, feito que xa ilustramos no seu momento a través das páxinas deste blog.

Desta volta achégovos unhas imaxes dun xuvenil desta especie fotografado na capital herpetolóxica da Galiza (Ourense) o sábado pasado, día 2 de abril de 2011.

En certas parte de Ourense cóntase a seguinte historia no tocante ás serpes ou cobras de auga.

"Disque, contan os vellos, que as cobras de auga non son perigosas somentes cando están na auga, xa que antes de sumerxirse no líquido elemento, deixan o veleno aparcado na beira".

Esta afirmación é errónea e débese á observación das babas de certa especie de chinche, habitual nas beiras de regatos.

1 comentario:

  1. ahora comprendo porque mi viejo temía cuando yo me metía en pastizales altos en ojotas!!! muy bueno te felicito!!!!

    ResponderEliminar