COLEGAS

domingo, 10 de abril de 2011

Xornadas formativas do programa SACRE en Ourense.




As aves comúns son en ocasións as grandes esquecidas de todos nós, a súa aparente abundancia fainos crer, erradamente, que carecen de problemas de conservación. Sen embargo esta afirmación dista moito da realidade, e son moitos os exemplos ao longo da historia, que nos amosan a extinción de especies extremadamente abondosas no seu momento.

Na actualidade, varias especies comñuns teñen amosado signos de rerefacción, que nos indican que están atravesar por algún tipo de problema ecolóxico. Co gallo de detectar este tipo de problemática e actúar en consecuencia a SEO (Sociedad Española de Ornitología) puxo en marcha hai uns anos o programa SACRE, que nos convida a participar, baixo unha sixela metodoloxía, no estudo e conservación das aves comúns.

Na Galiza o programa é dirixido dende a SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), quen a través do coordinador do prograna na nosa comunidade autónoma, o ornitólogo ourensán, Alexandre Justo, nos convoca á participación nunha xornada formativa sobre este prxecto que terá lugar na Aula da Natureza do Río Miño en Oira, o vindeiro venres día 15 de abril de 2011 ás 18:00.

Para asistir a estar xornadas, e coñecer de primeira man como se participa neste proxecto a nivel nacional, non tedes más que escribir un correo indicando o voso interese aos seguntes enderezos:

aulanatureza@ourense.es ou ben sacre@sgosgo.org

Tamén podedes chamar ao teléfono da aula da natureza do río Miño que é o 988510781.

Eu asistirei, agardo vervos alí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario