COLEGAS

miércoles, 20 de abril de 2011

Xacios na catedral de Ourense. Cara a cara cas sereas do río Miño.





É xa moito tempo o que levamos desvelando os misterios da fauna vertebrada de Ourense, sen embargo son moitos os misterios e curiosidades que encerra esta a nosa provincia interior galega.

Queridos siareir@s, seguramente xa supondes o que é certo, e nos próximos días acudirei presto á Limia coa única intención de descansar e darlle unha volta aos bichos da bisbarra, mais quero antes deixarvos unha perliña para que disfrutedes durante as miñas mini vacacións.

Ourense non só está habitado por seres reais, digamos de carne e osos, senón tamén por unha inxente cantidade de seres mitolóxicos, herdados do poderoso maxín popular.

Como todos saberedes, estes seres existiron tan só na mente dos habitantes, pero forman parte valiosa e indispensabel da cultura galega. Entre os seres da mitoloxía galaica atopamos ás sereas, e diredes vós: Xa está toleando o de Ourense! se en Ourense non hai mar. Certo queridos lectores, mar non temos, pero temos un gran río o Pai Miño, eixe vertebrador da rede hidrográfica Ourensá, pero tamén eixe dos máis grandes misterios.

Conta a lenda que o río Miño está habitado por unha sorte de seres, metade humáns, metade peixes, de costumes anfibias e antropófagos. contan na ribeira do río Miño, que tanto os machos como as femias posúen unha indubidabel beleza, da que se valen para atraer a homes e mulleres, para fundilos na cunca do río, para así deboralos.

Quizáis foi iso o que inspirou a algún dos canteiros que traballaron na construcción da catedral de Ourense, xa que na súa porta oeste, podemos atopar a representación do que parece ser un macho e unha femia desta especie do Olimpo Ourensán.

3 comentarios:

  1. Ao mellor xa te decatache, pero por se acaso envíoche esta observación:

    Se non me confundo, nas mans da serea aparecen os atributos máis característicos de mouras e sereas: o espello e o peite de ouro, cos cais se peiteaba ao raiar o sol nun lugar destacado, como adoitaba ser o alto dun penedo. Como curiosidade, semella tratarse neste caso dunha serea zurda.
    Noraboa pola imaxe e en xeral polos contidos do teu blog.
    Un saúdo,
    Afonso (Coruxo, Vigo)

    ResponderEliminar
  2. Dear friend you reach the dearest wishes to you and your family a happy and peaceful Easter,ad maiora Elettra

    ResponderEliminar
  3. Grazas aos dous polos vosos comentarios.

    a afonso especielmente polo teu interesante aporte, que pon de manifesto a linguaxe secreta que garda o noso patrimonio histórico, creo firmeente que a divulgación do patrimonio inmemorial galego é un imperativo moral para tódol@s galegos. A degradación deste patrimonio en pedra supón unha perda irreparabel da nosa historia, independentemente do credo ou nacionalidade.

    Un saúdo, seguiremos divulgando!

    ResponderEliminar