COLEGAS

lunes, 25 de abril de 2011

Píldora das dunas nas areeiras da Limia.





Boa xornada, siareir@s, voltou o "vertebrator" ourensán, despois deste pequeno e máis que merecido descanso por terras limiás. Como suporedes traio novas frescas da terra que me viu nacer, e como non podía ser doutra maneira, vounas compartir con vós.

O pasado día 23 de abril de 2011 compartín co ornitólogo limiao Diego Rodríguez Vieites e a súa encantadora parella. Comezada a xornada acudimos ao lugar fetiche para todo limiao adorador das aves, as areeiras da Limia, situadas a cabalo entre os concellos de Vilar de Santos e Sandiás.

Xa o día anterior Diego fixera un descubrimento sorprendente, un exemplar de píldora das dunas (Charadrius alexandrinus) fixera unha parada técnica neste espazo natural incluído dentro da Zepa da Limia, quizáis canso no medio da pasaxe migratoria prenupcial. Esta observación é, moi provablemente, o primeiro rexistro para a especie na provincia, alomenos en tempos recentes. unha excelente nova para todos aqueles que vemos na Limia o lugar con maior potencial ornitolóxico da Galiza.

A píldora das dunas é unha especie escasa na Galiza, e incluída no catálogo galego de especies ameazadas. Existindo moi poucas citas no interior galego. Sen embargo a especie posúe algunha poboación reproductora no interior peninsular (La Macha húmeda) e europeo (Danubio).

En próximas xornadas dareivos conta doutras novidades que traio gardadas no peto, vertebrando unha vez máis, no compromiso claro da divulgación da fauna vertebrada de Ourense.

2 comentarios:

  1. A píllara tamén cria en Villafáfila (Zamora), Alberto. Unha ou dúas parellas se non lembro mal, e non todos os anos, pero aniña.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas pola información Xabi, interesante sobre todo por que sempre coidei que Antela e Villafáfila deberon gardar certas similitudes no seu momento, antes da desecación. Vai tí saber de onde viña este bichiño, e vai tí saber cara onde vai, se cadra mesmo cara Villafáfila. Non embargante seguramente intuirás o meu desexo...sí que quede a criar na Limia!

    Un gran saúdo, meu pallidus amigo!

    ResponderEliminar