Son de sobra coñecidas as virtudes ornitolóxicas do espazo natural das Areeiras da Limia, por todos aqueles de vós que sodes asíduos lectores deste blogue. Sen embargo non son sómentes as aves, a pesar de que elas foron as causantes la feliz declaración da ZEPA da Limia, os únicos habitantes do lugar. Hot spot da biodiversidade galaica, a Limia tamén é un lugar herpetolóxicamente interesante, como amosan os inventarios de anfibios e réptiles da zona.
Moitas das intervencións postas en marcha nas areeiras da Limia non teñen en conta, en ocasións, a riqueza herpetolóxica do lugar, dando como resultado a destrucción dos xa de por sí malogrados hábitats dos réptiles limiaos.
As sucesivas e reiteradas concentracións parcelarias acaecidas na bisbarra nos derradeiros temos, trouxeron consigo a eliminacións sistemática de paredes, muros e sebes, que tradicionalmente separaban as diferentes propiedades, sendo este un signo característico do agro galego. A eliminacións desta paisaxe tradicional provocou a diminución na densidade de réptiles e aves na bisbarra, que atopaban refuxio nesa sorte de microhábitat.
Unha das especies que máis afectada se viu na bisarra por estes feitos foi o lagarto d´auga (Lacerta schreiberi), un réptil endémico da Península Ibérica, que pasa por ser, ao meu entender, un dos hérpetos de beleza máis salientabel.
Chamado lagarto d´auga ou das silvas, debe o seu nomeamento á tendencia que mostra a especie a habitar perto de correntes de auga, chegando a tirarse aos regatos no caso de perigo, unha característica única entre os lacértidos galegos.
Nas imaxes aparece un macho en celo desta especie, localizado nas areeiras da Limia, en terreos do concello de Sandiás, o pasado día 21 de abril de 2011.

Ben, o de Lagarto de auga ten sentido realmente só na metade sur do país, Alberto. Lembra que no norte da Coruña e Lugo (onde non existe T.lepidus) é básicamente un réptil de toxo e siveira, ocupando entornos moito máis secos e soleados que en outras áreas da súa distribución ibérica. Para nós supón todo un "exotismo" velo asociado a bosques de ribeira, por exmplo, cando baixamos por Ourense.
ResponderEliminarUnha aperta.
Xabi
Fermoso animal por certo, no que debe ter unha afección negativa as devasas xeralizadas que se están a facer nas beiras dos ríos, suponse que para limpeza, segundo eles(as administracións), ao seren os lugares onde se acubillan aquí polo Ourense exótico os Lagartos de auga
ResponderEliminarSaúdos
Completamente dacordo cos dous compañeiros.
ResponderEliminarA Xabi: certo na zona dende onde tí nos escribes (Ferrol) e no Norte da Galiza, a especie, debido ao maior grao de humidade, non aparece tan ligada aos cursos de auga.
A X.R. Reigada: tamén certo a eliminación sistemática da vexetación de ribeira baixo a mal chamada limpeza de rios, acarrea unha merma imperdoable da biodiversidade das forestas de galería, tranformándo un hábitat singular nunha zona axardinada.
Saúdos.