COLEGAS

sábado, 9 de abril de 2011

A Liña Trives- Aparecida, un crime contra a humanidade galega.




"As eirugas fabrican capullos, de onde surxirán as máis belas bolboretas, pena que non de todos os capullos da Galiza salgan cousas belas"- Alberto Rivero Saeta (1981- canto máis tarde mellor)- Naturalista e librepensador ourensán.

Non sabedes, benqueridos irmáns, ata que punto desexo non ter que escribir esto que agora expoño, que pena no meu maxín coma o máis terrible dos pesadelos.

Fai uns días esperpei ca terrible nova que publicaba o xornal ourensán La Ragión, segundo a cal a consellería de Medio Rural deu o visto bon para a continuacións das obras da liña de alta tensión Trives-Aparecida. E que transcribo a continuación.

Unha resolución da Consellería de Medio Rural autoriza a construcción da liña de alta tensión de 400 kilovoltios Trives-Aparecida no treito de 17 kilómetros que percorre os espacios naturais de Macizo Central Ourensán e Pena Trevinca, ambos pertenecentes á Rede Natura 2000. O permiso outorgado a Red Eléctrica de España SA (REE) aparece recollido nun escrito a data do 26 de xaneiro de 2011 e que asina o director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón Millán.

A Consellería apunta que a futura infraestructura eléctrica afecta a dous Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) e duas Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais no Macizo Central Ourensán e Pena Trevinca. Ademáis, discurrirá por unha Zona de Especial Protección para las Aves (ZEPA), situada en Pena Trevinca.

Na súa resolución, Medio Rural apunta que REE xustificou a construcción da liña de alta tensión en que transportará enerxía de nova xeneración (principalmente eólica) de Galicia e Castela e León alimentará ao futuro AVE Valladolid-Ourense e que mellorará a seguridade do suministro eléctrico en Galicia, Castela e León e Madrid.

O permiso autoriza a sustitución da actual línea de 220 kilovoltios Trives-Aparecida, que deberá ser desmantelada ao finaliza-la obra.

Manzaneda analizará a legalidade

O alcalde nacionalista de Manzaneda, David Rodríguez Estévez, tras mostrar a súa sorpresa pola autorización para construir-la liña de alta tensión en terrenos da Rede Natura 2000, anunciou que os técnicos do Concello analizarán si o permiso é legal. En todo caso, la compañía está obrigada a introducir varias reformas no proxecto inicial para '"minimiza-lo impacto'".Red Eléctrica deberá eleva-la catenaria sobre unha fraga de carballos, varialo trazado no treito que discurre polo canón do río Bibei, conserva-los muros dos camiños rurais e tamén a compensa-las árbores cortadas.

Deixovos un par de videos enlazados aquí e aqui sobre o tema.

E unhos enlaces aqui e aqui.

E agora falo eu, sorprende que unha declaración de impazto ambiental ben feita permita a execución de tan faraónica obra en terreos habitados por especies incluidas no catálogo galego de especies ameazadas, como a águia real (Aquila chrysaetos), que ten nesta zona as derradeiras parellas nidificantes da Galiza, a charrela (Perdix perdix), á águia caudal (Hieraaetus pennatus), a águia cobreira (Circaetus gallicus), tartaraña cinsenta (Circus pygargus), gatafornela (Circus cyaneus), bufo real (Bubo bubo) e moitas outras. Curioso que se esgriman razóns medioambientais para xustificalo maior atentado ecolóxico ao medio natural ourensán dende a desecación da lagoa de Antela e as terribles concentracións parcelarias dos anos 90 do paso século.

Curioso que aqueles que se regocixan na súa fe, e relixiosidade durante a visita do Papa a Santiago, pequen e de que maneira, hacia a conservación da natureza da provincia, señores de medio rural convídoos a rezar, para que Deus lles perdoe, xa que eu non podo, e entonen aquelo do Eu pecador me confeso.

E curioso tamén, que as nosas fontes de enerxía alleas ao petróleo, xustifique a subida dunha factura amparada na cotización do barril, increíble!

A batalla acaba de comezar, pero aínda non rematou a guerra, e agora falaremos nos, os ourensáns, para acusar a aqueles que dín que miran por nos, do que son delincuentes, pecadores, e especuladores!

Hoxe síntome, gracias a eses gobernantes de dobre moral, como un animal, ameazado, en perigo de extinción, perseguido, e con risco de sufrir, unha descarga, pronto benqueridos irmáns, fieis lectores deste blogue, teremos a oportunidade de actuar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario