COLEGAS

viernes, 9 de julio de 2010

Peripecias dun bufo real de Vilardevós.







Existe un lugar no Alto do Rodicio ao que van a parar os animais salvaxes atopados feridos na provincia de Ourense, ese lugar é o Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Rodicio, un hospital no que se tratan todo tipo de feridas e problemas de exemplares das máis variadas especies. Existe un centro de estas características en cada unha das provincias galegas, o de Ourense recive, aproximadamente unhas 300 entradas ao ano.

Ocorre en ocasións que os animais chegan en tan malas condicións, pola gravidade das súas feridas, que non sobreviven, aínda que moitas historias das que por aquí pasan rematan con un final feliz, e os animais voltan ao medio natural unha vez están recuperados.

Sen embargo hai casos nos que a pesar de que os animais sobreviven ás súas doenzas, quedan tan afectados que non peden ser liberados de novo, debido a que a súa supervivencia no medio natural é pouco provable, cando isto ocorre, dise que o animal é irrecuperable.
Hai uns tres anos aproximadamente, ingresou no centro de recuperación un exemplar de bufo real (Bubo bubo), provinte do concello de Vilardevós, situado no oriente ourensán, na bisbarra de Monterrei, o exemplar presentaba feridas graves, o que obrigou a amputarlle parte da á dereita, polo que o bufo non puido ser liberado de novo.

O bufo real é a maior das nosas aves rapaces nocturnas, e tamén unha das máis escasas, xa que presenta unha distribución restrinxida as áreas máis despoboadas da provincia, seguramente a poboación ourensá desta especie non sobrepase as 10 parellas, está presente na Serra do Xurés, na Ribeira Sacra, no Macizo Central, e nas serras Orientais limítrofes con Castela, é posible así mesmo a súa presenza nas serras limítrofes coa provincia de Pontevedra.

1 comentario:

  1. Sobre a fauna de Ourense e quen a custodia (un dos que está no centro de O Rodicio, un xefe de distrito forestal e outro que falta por desvelar que cargo ocupa..):
    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/jefe/forestal/Xunta/Ourense/fue/sancionado/cazador/furtivo/elpepuespgal/20100704elpgal_6/Tes


    Unha aperta meu

    ResponderEliminar