COLEGAS

jueves, 15 de octubre de 2009

Rato toupeiro en Vilar de Santos.











Rato toupeiro é o nome co que as xentes limiás coñecen ás especies de roedores que teñen hábitos escavadores e subterráneos, este da fotografía é un rato toupeiro lusitano (Microtus lusitanicus), especie ámplamente distribuida pola xeografía ourensá.

Sen embargo este rato toupeiro (coñecido noutros puntos de Galicia como corta dos prados),, non por común é unha especie vulgar, ten a súa historia particular, veredes...

O día 11 de outubro de 2009 atopábame eu dando unha volta pola chaira agrícola do concello de Vilar de Santos, perto xa do pobo de as Casas da Veiga, cando de súpeto vin este rato nunha beira da pista da concentración parcelaria pola que estaba avanzando. Raudo e veloz cambio o obxetivo da cámara, tiro a mochila cara un lado, no chao, e empezo a tirarlle fotos; cal sería a miña sorpresa cando o becho, sen previo aviso e por vontade propia, decide comenzar a camiñar e tratar en van de meterse na miña mochila!, hai que ver, mesmo parecía que se quixera vir comigo para a casa (non sei eu que tal se levaría ca miña gata "Lua"), o caso é ,que como non conqueriu o seu propósito, quedou medio agazapado a un lado da mochila, momento que eu aproveitei para tirarme a ras de chan e sacarlle máis fotos, o becho estaba moi quieto (demasiado diría eu, pode ser que estivera baixo dos efectos dalgún veleno, ou mesmo dalgunha seta..), así de entretido estaba eu. E diredes que forte! que cousas lle pasan a este...pero non che acaba ahí o conto..., cando me quixen dar conta tiña detras un tipo, cazador de profesión, con tres cans, setters, moi bonitos por certo, mirándome cunha cara...penso que se vira un dinosauro non flipaba máis, cos ollos abertos como platos, claro imaxínate o percal: ti vas por ahí paseando os cans e atopas un tío tirado, cando te achegas a ver que lle pasou, te atopas ao tolo do Alberto sacándolle fotos a un rato...os cans, meus coitados achegáronse en busca dunha caricia, que eu lle ofrecín sen dudalo, pero o tío seguía inmóvil, sen parpadexar, jejeje xa o estou vendo á noite na casa: María non sabes o que vin....
Así que ante esta situación tan embarazosa, optei por pirarme e deixar atrás ao meu rato e ao meu cazador chamando polos cans, que lles deu por querer pirarse comigo..vese que teño un imán....moi animal, pero vai por días.

1 comentario:

  1. Si, eses momentos "cu en pompa" inesquecibles.. A min pasoume cunha foto dun salton que estaba a poñer no medio do camiño, eu veña a tirar fotos, e os das bicis mirando o tolo no chan..

    ResponderEliminar