COLEGAS

martes, 9 de noviembre de 2010

Marzas en Outubro.



Marza é o nome vernáculo que en puntos do Val do Támega (Bisbarra de Monterrei) se lle da á especie coñecida como rá de San Antón (Hyla arborea), dito nome foi recollido polo compañeiro Xosé Ramón Reigada en dita comarca, e quizáis garde algunha relación ca época reproductora da especie, e o momento no que se comezan a escoitar as rás desta especie no Val.

As imaxes amosan unha marza atopada sobre unha estrada do concello de Cualedro, en grave perigo de ser atropelada, polo que foi convenientemente retirada do asfalto para evitar o tráxico final, este feito aconteceu na noite do día 23 de outubro de 2010, na compaña de Anxos Romeu, Martiño Cabana e Rafa Vázquez.

A marza (rela en Portugués) distribúese de forma discontinua pola provincia en núcleos aillados, pero en ocasións moi numerosos, trátase dunha especie especielmente terrestre, polo que é posible, sempre fora da época reproductora, atopala a considerable distancia de puntos de auga.

Trátase dunha especie moi trepadora, para tal fin posúe, no extremo de cada dedo, unha ventosa ca que asirse firmemente á vexetación, en ocasións a considerable altura do chan, este feito vese perfectamente reflexado no nome científico da especie HYLA ARBOREA, que pon do manifesto o caracter arbóreo da especie.

5 comentarios:

  1. Ei Alberto, estas Marzas Ourensás andan activas é, o venres pasado día 5 estaban tres exemplares coaxando, en pleno novembro cun tempo primaveral...
    Vémonos

    ResponderEliminar
  2. Boas,
    Pois pola costa debe ser a falta de choiva, pero case non se move nada. Interesante o que comenta Xose Ramon, haberia que botar un ollo, non sexa que aparezan posturas "de todolos santos",e levedes un susto..

    ResponderEliminar
  3. the colors of this frog are incredible !
    This green is so intense, Congratulations for your beautiful photos ! :))

    Bye**

    ResponderEliminar
  4. O de Marza non creo que veña do nome do mes, Alberto. Pensa na Pega marza (ou Gaio, ou pega rebordá,...) Semella que ten outra orixe.
    Nota: chulísima a foto dos cobregóns, e tamén a foto anti-corridas (de touros, refírome...)
    Saúdos, "noticieiro maior do reino".

    ResponderEliminar