COLEGAS

lunes, 14 de marzo de 2011

Coellos de monte urbanitas.







Xa nunha ocasión vos ensinei unha pequena poboación de coellos de monte (Oryctolagus cuniculus) na cidade de Ourense. Desta volta amósovos outra atopada recentemente, o sábado pasado, día 12 de marzo de 2011, que foi sábado de piñata.

O coello de monte é unha das pezas fundamentáis dos ecosistemas da península ibérica, xa que é a base de alimentación para multitude de depredadores. De feito a diminución das poboacións desta especie, debido a sucesivas pragas, foi unha das causas da rarefacción de especies senlleiras do conservacionismo español como a águia imperial ibérica (Aquila adalberti) ou o lince ibérico (Lynx pardina).

As poboacións de coello de monte da depresión Ourensá parecen estar sufrindo un considerable aumento nos últimos anos, conquistando terreo perdido e adentrándose en parques e solares da cidade de Ourense. A ausencia de depredadores neste entorno urbán parece estar faborecendo a estas incipientes poboacións de coellos, pena que despois de case 90 anos do derradeiro rexistro do lince ibérico na depresión ourensá, non volte o gran depredador detrás da gran presa....

4 comentarios:

  1. Hola Alberto,

    en Asturies el conejo de monte ya está completamente extinguido, yo conocía alguna población muy pequeña, casualmente también urbanita (a las afueras de Oviedo), pero hace años que desapareción.
    un saludo

    ResponderEliminar
  2. Holá David, lo que comento vale exclusivamente para la comarca de Ourense, entendiendo por tal únicamente la capital de la provincia y los ayuntamientos que limitan con ella. La situación en el resto de la provincia es bastante diferente, en algunas comarcas por la presión cinegética, y en otras por las repoblaciones forestales, que han restado hábitat a la especie.

    saludos!

    ResponderEliminar