COLEGAS

martes, 1 de marzo de 2011

Fauna Vertebrada de Ourense cumpre dous anos!


"A palabra ten moito de aritmética: divide cando se utiliza coma navalla, para lesionar; resta cando se usa con lixeireza para censurar; suma cando se emprega para dialogar e multiplica cando se dá con xenerosidade para servir"- Carlos Siller- Autor Mexicano.

Este blog está hoxe de noraboa, xa que tal día como hoxe, pero do ano 2009, comezou a súa andanza a través do océano que supón a internet.

A falla de fillos biolóxicos, fauna vertebrada de Ourense, fai as veces dun fillo, que ao longo do tempo foi medrando, ata acadar unha incidencia que supera, e con creces, á do seu creador.

Eu, como humilde autor dos post colgados neste blogue, só agardo ter cumprido as espectativas até o de agora, e seguir alimentando este monstro do naturalismo ourensán, para continuar co compromiso que supón a divulgación da biodiversidade da provincia de Ourense e a achega aos problemas ecolóxicos que a ameazan, que por certo non son poucos.

Próximamente reanudaremo-lo compromiso, renovarémo-los votos do matrimonio eterno deste ourensán para coa súa provincia, agardando que coa chegada das bodas de ouro, festexemola resurección da Lagoa de Antela, a eliminación dos eucaliptos e das mimosas dos montes galegos e a convivencia pacífica de tódolos habitantes deste planeta.

10 comentarios:

  1. Nada, dous aniños xa, como pasa o tempo. Pero para ser un blog galaico de pro boto en falla unha papatoria celebratistica de esas lixeiriñas que se estilan por estas latitudes..

    ResponderEliminar
  2. Non claro, despois te queixarás de que subiche de peso...pensando así!

    ResponderEliminar
  3. Enhorabuena por el blog, Alberto. Unos dos años muy fructíferos.
    un saludo

    ResponderEliminar
  4. parabêns pra você
    nesta data querida
    muita felicidade
    muitos anos de vida
    ...

    ResponderEliminar
  5. Graciñas aos dous! seguiremos en garda!

    Saúdos, saúde!

    Haxa salú!

    ResponderEliminar
  6. Semella que últimamente imos de celebración en celebración.

    Parabens Alberto, e que sigades moitos anos máis.

    unha aperta,

    Juan

    ResponderEliminar
  7. Noraboa Alberto sigue asi culturizandonos a todos.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  8. Da a casualidade que o aniversario do blog e o meu propio fican perto no ano ;), grazas polos comentarios "estamos trabajando en ello..." para conquerir mellorar!

    ResponderEliminar
  9. "Estamos trabajando en ello"...non repitas iso,rapás! non vai ser que se che pegue algo daquel innombrábel personaxe. Quen te vería con un ridículo bigodiño e facéndolle a pelota a "tu gran amigo Bleeeeir".
    Felicidades.

    ResponderEliminar
  10. jeje, que pronto as pillas, tes razón voume facer un exorcismo agoramesmo, como medida preventiva.

    Saúdos!

    ResponderEliminar