Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente
erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,(...) estrofa do poema "Em pé" de Ramón Cabanillas (1876-1959)-Poeta galego.
Nos derradeiros anos naceron en diversas partes do mundo, sobretodo no continente europeo, unha sería de iniciativas conservacionistas que acuñaron o termo anglosaxón "Rewildind", literalmente "reasalvaxamento" ou "renaturalización".
Os proxectos de Rewilding pescudan a restauración dos hábitats e a natureza do continente mediante a creacións de grandes reservas naturais nas que se restitúan tódalas especies que están extintas pola acción directa ou indireca do home, un exemplo o tendes no Parque Nacional estadounidense de Yellowstone.
Principalmente soen atinxir aos grandes mamíferos, o grupo de vertebrados máis afectado pola acción das actividades humanas, pero en outras ocasións téñense tamén en conta outras especies de vertebrados.
Dependendo do momento de partida para recoñece-la presenza humana como perxudicial para a natureza, temos diferentes tipos de Rewilding, que van do extremo ao moderado.
Recentemente naceu unha iniciativa interesante no facebook, denominada "Rewilding galicia", que pescuda ser unha fonte de coñecimento e inspiracións para abordar a árdua tarefa de restaurar o meio ambiente galaico a un punto óptimo de conservación. Atinxindo sempre as pescudas da fauna ao período histórico, esta páxina nace co firme propósito de trasformar Galicia e tornala aos orixes naturais, que non están tan lonxe, e facer así da nosa terra o verdadeiro e único paraíso natural, que non debeu de deixar de ser xamáis.