COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Aula da Natureza do Río Miño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aula da Natureza do Río Miño. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de abril de 2016

IV Xornadas Herpetolóxicas Ourensás.

Un ano máis, e xa van catro, a Aula da Natureza do río Miño e un servidor convidámosvos ás Xornadas Herpetolóxicas Ourensás. Este ano organizaremos dúas xornadas que terán lugar o sábado 23 de abril e o sábado 21 de maio en horario de 10:00 a 14:00h tendo como punto de encontro a Aula. Tendes toda a info para apuntarvos no anterior enlazamento.



A primeira xornada versará sobre os réptiles e anfibios termófilos da bisbarra de Ourense, e visitaremos aqueles puntos de maior influenza mediterránea para observar aos réptiles máis característicos do dominio mediterráneo galego como a ladra (Tarentola mauritanica), a lagartixa cinsenta occidental (Psammodromus occidentalis), escáncer ibérico (Chalcides bedriagai) así como os anfibios característicos deste tipos e hábitat como o sapo corriqueiro (Alytes obstetricans) ou o sapo corriqueiro (Epidalea calamita), dependentes para a reproducción das masas de auga temporais características deste tipo de ambientes, facendo fincapé nas necesidades de conservación deste tipo de hábitats característicos das depresións fluviais ourensán e que son causa directa da súa riqueza herpetolóxica.



Un ano máis queremos por de manifesto a riqueza da bisbarra ourensá e testas o estado de conservación dos nosos herpetos como un dos máis efectivos bioindicadores para detertar os problemas medioambientais dos ecosistemás máis cercanos.


viernes, 18 de marzo de 2016

Presentazón do Libro "Los vencejos sueñan despiertos"

O día 29 de marzo presentarase na aula da natureza do río Miño de Ourense, ás 20:00 o libro de David Álvarez "Los vencejos sueñan despiertos". David Álvarez é un biólogo e naturalista asturiano, autor do laureado blogue Naturaleza Cantábrica.

Ao día seguinte terá lugar a presentazón da mesma obra en Vigo, en O Lar do Queixa, tetería alternativa situada en Heraclio Botana nº 6, ás 20:30 h.



jueves, 5 de febrero de 2015

Festexa coa Aula da Natureza do río Miño e cos Amigos da Terra o día Mundial dos Humidais.

Co gallo da celebración do Día Mundial dos Humidais (que é propiamente o día 2 de febreiro) Aula da Natureza do Río MIño (Concello de Ourense)realizaremos en colaboración con Amigos da terra un pequeno percorrido pola marxe dereita do río, saindo dende a pasarela de Outariz e que rematará na localidade de Untes, que servirá para iniciarse na observación de aves propias de entornos lacustres ou fluviais e que será guiado polo naturalista ourensán Alberto Rivero.

Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñen deles.
Non é preciso inscribirse previamente. Rogamos puntualidade.





sábado, 27 de septiembre de 2014

MOLLATE POLOS RIOS NA AULA DA NATUREZA








Dentro das actividades de conmemoración do décimo aniversario da apertura da Aula da Natureza do río Miño convidámosvos a unirvos á VII limpeza simultánea que no caso de Ourense terá lugar a partir das 11 da mañá o próximo domingo día 28 de setembro de 2014.

Agardámosvos en Oira e non esquezades as catiuscas para votarlle unha man ao noso pai Miño e aos seus afluentes.

miércoles, 24 de septiembre de 2014

I Xornadas Herpetolóxicas de Outono na Aula da Natureza do río Miño.

O próximo sábado día 27 de setembro de 2014, e incluídas nas actividades do décimo aniversario da Aula da Natureza do río Miño, organizaránse as primeiras xornadas herpetolóxicas de Outono. Estas xornadas pescudan informar sobre aquelas especies de anfibios e réptiles que teñen a sua época reproductora nesta estación, así como a problemática ás que se enfrontan despois dos diferentes episodios de contaminación e introducción de especies alóctonas no seu hábitat.

Visitaremos o encoro de Cahanamuiña (Pereiro de Aguiar) e o seu entorno, onde atoparemos unha mezcla de hábitats idónea para estudar a un tempo as especies acuáticas e de mato.

Agárdovos o próximo sábado ás dez da mañá na Aula da Naturaza do Río Miño en Oira.




sábado, 20 de septiembre de 2014

Luis Miguel Dominguez visita a Aula da Natureza


 

Charla de "Luis Miguel Domínguez Presidente de Lobo Marley"

Charla de " Presidente de " Organizado pola Aula da Natureza do río Miño
Falaranos do proxecto Lobo Marley@Lobo_Marley
Asociación Ciudadana Lobo Marley, Ciudadanos por el Lobo y el Mundo Rural. Que pescuda soluccións para a problemática que a presenza do lobo ibérico causa na sociedade española.

 Luis Miguel Domínguez Mencía (16 de febrero de 1963, Madrid) é un coñecido naturalista español,director de series de televisión sobre a natureza, como Biodiario,en La 2, e colaborador como especialista en fauna en diversos programas de televisión como CUARTO MILENIO.

Venres, 26 de setembro ás 20:00h Aula da Natureza do río Miño Paseo fluvial de Oira S/N, 32001 Ourense

viernes, 6 de septiembre de 2013

Herpeteando de novo coa Aula da Natureza do río Miño.

Aquí vos traio parte do trballo de hoxe na Aula da Natureza do río Miño, unhas fermosas imaxes dunha lagartixa dos penedos (Podarcis lusitanica) atopada no Castro de Oira na xornada herpetolóxica de hoxe.

Un bo amigo, médico por certo, díxome un día que o equilibrio emocional e psicolóxico está íntimamente relacionado coa saude física, polo que a aqueles que nos move unha paixón, pode resultar terapéutica na súa xusta medida, e así dixo, "tí sae ao campo, disfruta e reláxate", asi que eso estou tratando de facer, seguir a presquipción médica ao pe da letra.

Seguindo co tema de hoxe quixera agradecer especialmente á Aula da Natureza do río Miño a súa atención e disposición no tocante á organización de actividades, xa que é un espazo público sempre disposto a abrir as portas a toda a cidadanía.

Hoxe visitamos o Castro de Oira, todo un descubrimento que une un reducto de fraga termófila de Sobreiras, Érbedos e Carballos rebolos, cun xacimento arqueolóxico, ademáis de contar ca presenza de diversa fauna, como paxaros forestais, aves rapaces e anfibios e réptiles. Nun regato cercano detectamo-la preseza da rata da auga (Arvicola sapidus), e na fraga rastos de esquío (Sciurus vulgaris) e Porco bravo (Sus scrofa).

No tocante aos reptiles e anfibios detectamos 4 ex. de lagartixa dos penedos, duas femias, unha delas grávida, un macho e un xuvenil, larvas de sapiño comadrón (Alytes obstetricans) e sapo común (Bufo bufo), así como un exemplar de ra, que non puidemos identificar.

En breve voltaremos a organizar unha nova saída herpetolóxica da que prometo mantervos puntualmente informados, mais namentras podedes ver parte do resultado de  hoxe picando aquí.







martes, 27 de agosto de 2013

Herpeteando na Aula da Natureza do río Miño.

Como cada ano a Aula da Natureza do río Miño está a organizar as súas actividades de verán para os cativos da cidade. Hoxe tocou un día adicado aos anfibios e réptiles, que por desgracia non fixeron a súa aparición a excepción dunha muda de cobra de auga de colar (Natrix natrix), e nos tivemos que conformar cn algún que outro insecto e un pequeno niño de paporrubio abandoado, tedes as imaxes da actividade pinchando aquí.

Deixovos un par de imaxes dunha pequena mantis relixiosa que atopamos polo camiño.



lunes, 29 de julio de 2013

A paciencia...e o agradecimento.

Olá de novo, como vedes en ocasións as proposicións que un se promete a sí mesmo non poden ser cumpridas na medida que un quixera. Unha vez máis as complicacións laborais fan que cada día sexa máis compricado sair ao campo, ou adicarllle tempo ao blog, pero bueno ahí vai a miña petición, paciencia pois non hai mal que cen anos dure.

Neste tempo pasado organizamos as xornadas herpetolóxicas, con variada asistencia, de varios grupos de idade que percorreron parte do territorio do concello de Ourense para coñecer algo máis da súa herpetofauna. As especies vistas en total nas xornadas foron as que siguen:

Gardafontes ibérico (Lissotriton boscai)
Gardafontes verde (Triturus marmoratus)
Ra verde (Pelophylax perezi)
Sapo corriqueiro ou rairo(Bufo calamita)
Sapo cunqueiro (Bufo bufo)
Sapiño comadrón ou coucho (Alytes obstetricans)
Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)
Lagartixa rabuda (Psammodromus algirus)
Escáncer común (Anguis fragilis)
Escáncer tridáctilo (Chalcides striatus)
Escáncer ibérico (Chalcides bedriagai)
Cobra rateira (Malpolon monspessulanus)

Dende aquí vaia por diante o meu agradecimento a tódol@s participantes.














viernes, 22 de marzo de 2013

Primeiras Xornadas Herpetolóxicas Ourensás: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.



Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza.

Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense.

Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país.

Como xa mecionamos as xornadas serán catro, unha cada duas semanas, entre os meses de abril e maio de 2013, con temática variada e unha duración aproximada de catro horas, se queredes podedes asistir a todas, ou somentes a aqulas na que estexades interesados.

Xornada 1: 

Sábado 13 de abril de 2013 de 10 a 14 horas.

Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira).

Temática:"Ourense: capital herpetolóxica".
               Presentación de actividade.
               Fundamentos de herpetoloxía.
               Características básicas dos anfibios e réptiles.
               Os hérpetos como bioindicadores.

Saída práctica: Hérpetos do medio acuático e forestal ourensán.
                       Visitaremos as cuncas dos río Miño e Loña, así como diversas lagoas artificiais urbanas.
                       Especies invasoras e o seu impacto no medio ambiente.
                       Especies extintas hérpetos en Ourense.

Xornada 2:

Sábado 27 de abril de 2013 de 10 a 14 horas.

Punto de Encontro: Aula da Natureza do río Miño (Oira).

Temática: "Oasis ubanos", a importancia dos solares sin urbanizar e a xardinería para os hérpetos.
                 Impactos urbanos negativos para os anfibios e réptiles: Atropelos e destrucción de hábitats.
                 Traslocación de hérpetos.

Saída práctica: Hérpetos urbanos: Visitaremos solares e xardíns dos barrios de Oira e O Vinteún á procura das especies características do medio máis urbanizado da cidade de Ourense.
                          A importacia dos anfibios e reptiles no equilibrio ecolóxico das cidades.

Xornada 3:

Sábado 11 de maio de 2013 de 10 a 14 horas.

Punto de Encontro: Aula da do río Miño (Oira).

Temática: Hérpetos mediterráneos de Ourense.
               A influencia da climatoloxía nas especies de anfibios e réptiles.
               O impacto dos incendios forestais nas poboacións de anfibios e réptiles.

Saída:  Visitaremos Oira, As Eiroás e Valdorregueiro na procura das especies de hérpetos endémicas da Península Ibérica, e aquelas de maior tendencia mediterránea.

Xornada 4:







Sábado 25 de maio de 2013 de 10 a 14 horas.

Punto de encontro: Parque de Montealegre.

Temática: "Hérpetos de mato e forestais"
                As ameazas para a supervivencia dos anfibios e réptiles en Ourense.
                A importancia das charcas temporais para os anfibios.

Saída: Montes do Cuco, Montealegre, O Perdigón e Monterrei.
          Impacto dos deportes de risco nas poboacións de anfibios e réptiles.
          A impronta dos anfibios e réptiles na cultura popular ourensá.
          Posta en común e fin de actividade.

A actividade é totalmente gratutita, para acudir é preciso anotarse con anterioridade chamando ao teléfono 988-51-07-81.

As xornadas están dirixidas a todo tipo de público, rapaces ou adultos, expertos ou totalmente profanos na temática das mesmas. 






 









martes, 5 de febrero de 2013

Valance do día dos humidais en Ourense.

Quedábame por facer a valoración do festexo do día internbacional dosa humidais. A aceptación foi boa, e os participantes da xornada foron realmente excepcionais. Mostrando en todo momento un gran interese polo desenrrolo da actividade, con curiosidade e moito respeto. Este feito, unido a que eu levaba moito tempo sen facer nada similar, fixo que non parase de falar e me esquecera da cámara, polo que fixen moi poucas fotos, tan só tres...

A andaina comezou na Aula da Natureza do río Miño, collendo camiño cara a desembocadura do río Loña cruzando pola pasarela de recente construcción. Como o tema de este ano versaba na xestión da auga e dos humidais, fixemos fincapé na construcción das presas e o grave obstáculo que supoñen para a migración de certas especies de peixes. Asemade fomos identificando as diferentes especies invasoras, principalmente vexetais, que se presentan na ribeira de ámbolos ríos.

Chegados ao Loña, puidemos observar varias especies de aves, principalmente forestais, e un martiño peixeiro (Alcedo atthis), ademáis de algún peto, anduriñas dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), e un par de buxatos (Buteo buteo). Tamén detectamos a presencia de captacións ilegais de augas no cauce do Loña, e algún verquido.

Chegados a Mende detectamo-la presenza de varios rastros de animais, pegadas e fozadas de xabarín (Sus scrofa) un paso de fauna e piñas comidas por esquíos (Sciurus vulgaris): A detección do paso de fauna, como un  carreiro polo que os animais soen pasar, serviunos coma escusa para falar da incidencia dos atropelos de mamíferos nas estradas e a ausecciá de paso para fauna que eviten accidentes e atropelos nas grandes infraestruccturas viarias da provincia.

Xa de volta falamos da antiga existencia de lagoas no barrio ourensán de "As Lagoas" e a destrucción das mesmas durante o proceso de urbanización do mesmo. Neste barrio remataba a andaina, pero antes de abandonar a actividade, visitamo´la sobreira de as lagoas, unha árbore senlleira de 500 anos de idade que correu o perigo de ser talada e que se salvou grazas á oposición veciñal. Para rematar abrazámola árbore para demostrarlle o gran cariño dos asistentes.

Rematada a actividade fun dar unha volta para refexionar sobre a xornada, camiñando cheguei ao colexio das Eiroás, pertencente ao C.P. Virxe de Covadonga onde cursei os meus estudos primarios, cal sería a miña sorpresa ao decatarme de que na porta había un cartaz anunciando a actividade que viña de rematar, confésovos que foi unha reacción ben curiosa e emocionante ver o meu nome na porta do colexio...





Por último quixera agradecer a asistencia a tódolos presentes así como a paciencia en aguartarme o rollo, que sei que ás veces me poño pesado, gardo sinceramente que este sexa o comezo dunha chea de actividades semellantes.

lunes, 21 de enero de 2013

Conmemoración do día dos humidais cos Amigos da Terra na Aula da Natureza do río Miño.

Co gallo da conmemoración do 42 aniversario do Convenio Ramsar, un ano máis, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta querémosvos convidar á realizar unha saída  polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense, para o sábado 2 de febreiro pola maña.


Partiremos dende a Aula da Natureza do río Miño, ás 10:00 horas e tras un paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do Miño, o Loña e  finalizaremos a nosa ruta no Barrio de "As Lagoas".

No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.

A data límite para anotarse será o venres día 1 de febreiro pola mañá, por correo electrónico en:

aulanatureza@ourense.es

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net, ou ben nos teléfonos 988 510 781 -  988 374 318.

Recordade que debedes levar un calzado adecuado para camiñar, roupa de abrigo e/ou de choiva, auga e, si tedes, prismáticos e cámara de fotos.

En resumo:
Data da saída: 2 de febreiro
Percorrido: polas ribeiras do Miño, do Loña e Barrio de "As Lagoas"
Lugar de inicio do percorrido: Aula de Natureza do río Miño; paseo fluvial de Oira s/n, Ourense
Hora de saída: 10:00 horas
Tempo estimado: unhas tres horas, ata as 13:00 horas
Contacto: nos correos: aulanatureza@ourense.es  ou   voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
              ou nos telefonos:  988510781  ou 988 374 318
Data límite: 1 de febreiro pola mañá

--
Faite soci@ de Amigos da Terra
Ángel Dorrío

Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International
Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense
Tel. [+34] 988 374318
Fax. [+34] 988 511020
angel.dorrio@amigosdaterra.net

lunes, 2 de mayo de 2011

Xornadas Formativas do proxecto SARE en Ourense





Xornadas formativas para o coñecimento e seguimento dos anfibios e réptiles de Ourense.

Fai un tempo que acuñamos o termo de “Capital Herpetolóxica da Galiza” para referirnos á cidade de Ourense, debedes saber que hérpetos é o termo xeneralista para referirse aos anfibios e réptiles, e é por iso polo que afirmamos o anteriormente dito, xa que a cidade de Ourense é a capital galega que conta cun maior número de especies de anfibios e réptiles.

Co gallo de afondar no coñecimento do grao de conservación e tendencia poboacional das especies de hérpetos presentes en España, a Asociación Herpetológica Española (AHE) puxo en marcha un programa de seguimento a medio e longo prazo das poboacións de anfibios e réptiles denominado SARE (Red de seguimiento de Anfibios y Reptiles).

Baixo unha sinxela metodoloxía ti tamén podes colaborar para afondar no coñecimento das moitas veces incomprendidas e perseguidas especies de anfibios e réptiles, apuntándote coma voluntario neste proxecto.

Para que todos coñezamos o funcionamento do proxecto e a metodoloxía a aplicar no mesmo a AHE (Asociación Herpetológica Española) organizará en Ourense, ca colaboura da Aula da Natureza do Río Miño do concello de Ourense, unhas xornadas formativas sobre o programa SARE, que terán lugar a fin de semana dos días 28 e 29 de maio de 2011.

Durante as xornadas asistiremos a unha introducción teórica na Aula da Natureza do río Miño de Oira, despois da cal terán lugar dous transectos diurnos, antes e despois de xantar, a través de terreos do concello de Ourense, no que nos achegaremos á significativa riqueza herpetolóxica da capital da provincia, e practicaremos a identificación das diferentes especies que vaiamos atopando, así como a metodoloxía aprendida durante a parte teórica da xornada.

O primeiro transecto terá lugar a través da cunca do río Loña e os Montes do Cuco e O Perdigón, lugares especialmente favorables para a observación e detección das especies obxeto destas Xornadas Formativas.

Despois de Xantar audiremos aos barrios de O Vinteún e Valdorregueiro, onde trataremos de pescudar algunhas especies de anfibios e réptiles habitantes do entorno urbano e periurbano da cidade de Ourense.

Chegada a noite acudiremos á bisbarra da Limia para pernoctar e facer un percorrido nocturno para achegarnos ás especies de anfibios con actividade nocturna, pernoctando no Albergue Municipal do Concello de Vilar de Santos.

Ao día seguinte acudiremos pola mañá ao Val do Támega (bisbarra de Monterrei) para tratar de pescudar algunhas das especies de réptiles máis peculiares a Galiza (coma o escouparón cego (Blanus cinereus)), rematando a xornada ao mediodía despois de xantar.

Evidentemente eu asistirei, e agardo que vós tamén, para apuntarvos ben podedes chamar ao teléfono da Aula da Natureza do Río Miño 988 51 07 81 ou ben enviando un correo ao seguinte enderezo electrónico: sare-galicia@herpetologica.org , apurádevos xa que as prazas son limitadas.

domingo, 10 de abril de 2011

Xornadas formativas do programa SACRE en Ourense.




As aves comúns son en ocasións as grandes esquecidas de todos nós, a súa aparente abundancia fainos crer, erradamente, que carecen de problemas de conservación. Sen embargo esta afirmación dista moito da realidade, e son moitos os exemplos ao longo da historia, que nos amosan a extinción de especies extremadamente abondosas no seu momento.

Na actualidade, varias especies comñuns teñen amosado signos de rerefacción, que nos indican que están atravesar por algún tipo de problema ecolóxico. Co gallo de detectar este tipo de problemática e actúar en consecuencia a SEO (Sociedad Española de Ornitología) puxo en marcha hai uns anos o programa SACRE, que nos convida a participar, baixo unha sixela metodoloxía, no estudo e conservación das aves comúns.

Na Galiza o programa é dirixido dende a SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), quen a través do coordinador do prograna na nosa comunidade autónoma, o ornitólogo ourensán, Alexandre Justo, nos convoca á participación nunha xornada formativa sobre este prxecto que terá lugar na Aula da Natureza do Río Miño en Oira, o vindeiro venres día 15 de abril de 2011 ás 18:00.

Para asistir a estar xornadas, e coñecer de primeira man como se participa neste proxecto a nivel nacional, non tedes más que escribir un correo indicando o voso interese aos seguntes enderezos:

aulanatureza@ourense.es ou ben sacre@sgosgo.org

Tamén podedes chamar ao teléfono da aula da natureza do río Miño que é o 988510781.

Eu asistirei, agardo vervos alí.