COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Castrelo de Miño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castrelo de Miño. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Atropelos de xuveniles de serpe de escada en Castrelo de Miño.




O pasado día 24 de outubro de 2010, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Rafa Vázquez, e este que vos escribe, atopamos nunha estrada do concello de Castrelo de Miño dous xuveniles de serpe de escada (Rhinechis scalaris), mortos a causa do atropelo por parte do tráfico da zona.

A serpe de escada recive esta denominación precisamente polo diseño cromático dos exemplares novos, dito diseño consiste nunhas bandas paraleas, curtas e consecutivas e transversais no lombo do animal, o que lle da un aspecto de escada de man, este diseño vaise trocando co paso do tempo ata adquirir a idade adulta.

O diseño dos adultos, que xa vos teño mostrado neste mesmo blog en varias ocasións, consiste en duas bandas lonxitudinais e paralelas dende a cabeza ata a cola, razón pola cal tamén é coñecida co nome de serpe riscada.

martes, 2 de febrero de 2010

Lagartixas dos penedos en Castrelo de Miño.




Os escasos raios de sol do mes de xaneiro parece ser que foron suficientes para sacar do seu letargo invernal a estas lagartixas dos penedos (Podarcis hispanica), algo pálidas despois da ivernación, como amosan estas imaxes do día 24 de xaneiro de 2010, obtidas no perto do pobo de Albín, no concello de Castrelo de Miño.

Píntega asasinada en Castrelo de Miño.



Non é un segredo que as píntegas (Salamandra salamandra) provocan na maior parte da ente un rexeitamento frontal, esta repulsión tan pouco racional, fai que un gran número de píntegas perezan anualmente baixo as máis diversas técnicas mortais, dende o clásico "pisotón" ata todo tipo de torturas supersticiosas, pouco asiminlables a este século XXI que estamos a vivir.

Este exemplar das imaxes foi localizado, no pobo de Prado de Miño, o pasado día 24 de xaneiro de 2010, en terreos do concello de Castrelo de Miño, a falta dun CSI que lle practique a necropsia ao cadaver da malpocada píntega, atrévome a dicir que este pobre becho morreu baixo a técnica de espicha-la píntega cun pao para que esta non che bote toda clase de desgracias por riba, veleno incluído, como vedes unha mostra desta nosa civilizada Galiza do novo milenio.

Mergullón cristado no encoro de Castrelo de Miño.




O encoro de Castrelo de Miño acolle dende os anos 80 un certo número de mergullóns cristados (Podiceps cristatus) invernantes, ao igual que outros encoros da provincia, o pasado día 24 de xaneiro de 2010, foron localizados 5 exemplares neste encoro do río Miño, ao seu paso pola bisbarra do Ribeiro.

miércoles, 19 de agosto de 2009

Lavandeira branca en Castrelo de Miño


Exemplar novo de lavandeira branca (Motacilla alba) a carón do encoro de Castrelo de Miño o día 18 de agosto de 2009.

A lavandeira branca é un dos paseriformes máis frecuentes nas vilas e cidades da provincia de Ourense.

Gaivota chorona en Castrelo de Miño





Fotografías de gaivotas choronas (Larus ridibundus) no encoro de Castrelo de Miño o día 18 de agosto de 2009.

A gaivota chorona é a segunda especie de gaivota da provincia en número de exemplares, só por detras da gaivota clara (Larus michahellis), pero ó contrario que esta última, aínda non se puido comprovar a nidificación da gaivota chorona en Ourense.