COLEGAS

viernes, 27 de noviembre de 2009

Águia cobreira no Montealegre.




Estas imaxes corresponden a un exemplar de águia cobreira (Circaetus gallicus) localizado no Montealegre o pasado día 2 de agosto de 2009, pero non tiña subidas as imaxes debido a escasa calidade das mesmas, agardando obter nalgún momento unha imaxe mellor da especie.

Sen embargo como as cousas están como están paréceme de recivo publicala para que quede constancia da presenza da especie na zona.

Verquido de augas fecais ao encoro de Cachamuiña.





Un non remata de acostumarse a este tipo de cousas, estas imaxes demostran como se verte nos rios galegos de maneira sistemática e sen tratar nen un pouco as augas residuais.

Este verquido remata no encoro de Cachamuiña, que é a fonte principal de auga potable para a cidade de Ourense, está ben á vista, xunto a un paseo que recentemente fixeron no encoro, sen que ninguén lle de importancia...

A deforestación eléctrica.






A ver se alguén é capaz de aclararme este despropósito, xa que eu non son quen de entendelo:

Reseulta que a cabalo entre os concellos de Ourense e Pereiro de Aguiar, me atopei con esta estampa, un cortalumes en toda regra, e diredes, esto é do máis habitual, e é ben certo que a pouco que observas os montes de Galicia reparas nas cicatrices eléctricas probocadas polo mantemento e salvagarda das liñas de alta tensión, sen embargo a miña dúbida é outra, como verdes nas imaxes a zona afectada pola tala é un reducto de fraga autóctona termófila ourensá, que fica rodeada por zonas de repoboación de piñeiros nos que os efectos serían moito menos perxudicias, pero evidentemente esas terras terán donos, sen embargo, a apenas 1 km de distancia a liña en custión pasa por riba de zonas habitadas...

¿Non supón unha contradicción que se tale a cuberta vexetal por si cae o cable e prende lume, ou por si prende lume e cae o cable, e despois ese perigo esté sobre a cabeza e o xardín dalgún veciño?

Lavandeira branca temeraria...







Vouvos facer un pequeno apuntamento sobre o comportamento dunha lavandeira branca (Motacilla alba) que me chamaou a atención o pasado día 22 de novembro de 2009 nunha estrada moi concurrida do concello de Pereiro de Aguiar.

Como xa sabedes as estradas soen ser sumidoiros onde morren gran número de animais, a traves das verbas deste blog téñense amosado varios exemplos da incidencia do tráfico rodado sobre as poboación de vertebrados na provincia de Ourense, se ben é certo que estes non son os únicos afectados por este fenómeno, xa que os invertebrados tamén son víctimas, e masivamente, nas estradas.

Resulta que moitos destes insectos acaban no radiador dos coches, nos faros, todos o temos vistos nos nosos propios vehículos ao ir a labalos, sen embargo parte destes insectos quedan mortos e tirados no asfalto das estradas, este feito é o que parece que interesou á nosa protagonista, que pousada no quitamedos da estrada agardaba a que non pasasen coches para dar boa conta dos insectos da estrada, en canto voltaba a aparecer algún coche en escena, esta voltaba ao seu promontorio, agardando pacientemente entre pitanza e pitanza, sen parecer preocuparlle ao perigo que estaba exposta...

Pica dos prados en Pereiro de Aguiar.




Nestes días a provincia parece estar invadida por certas especies de paseriformes invernantes, unha delas é a pica dos prados (Anthus pratensis), como amosan estas imaxes obtidas o día 22 de novembro de 2009 en Pereiro de Aguiar.

Acrobacias dun ferreiriño azul en Cachamuíña.






Nestas imaxes podedes ver un ferreiriño azul (Parus caeruleus) que foi atopado na cobertura arbórea cercana ao encoro de Cachamuiña, en Pereiro de Aguiar.

O ferreiriño azul é un pequeno paxaro forestal frecuente en toda a provincia, nestas fotos podedes ver o inquedos que poden chegar a ser estes paxaros.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

A ZEPA da Limia xa é unha realidade.


Hoxe 24 de novembro de 2009 o DOG ven de publicar o decreto da Consellería de Medio Rural polo que se declara Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) unha parte da Bisbarra da Limia, este feito supón que esta parte da provincia pase automáticamente a formar parte da Rede Natura 2000.

A superficie desta nova ZEPA é de 6939 hectáreas, cunha zona periférica de protección de 7558.6 hectáreas.

Xílgaros no encoro de Cachamuíña.









Bob, this post is for you... Goldfinch in Cachamuiña, I hope you like.

Estes son parte dos xílgaros (Carduelis carduelis) que formaban un gran bando de alimentación na beira do encoro de Cachamuiña, en pereiro de Aguiar, o día 22 de novembro de 2009, dito bando estaba composto por uns 50 exemplares que se alimentaban do gran número de sementes que nestes días se poden atopar alí, o encoro de Cachamuiña acolle grandes cantidades de paseriformes desta e doutras especies e supón un importante punto de paso a nivel comarcal para este tipo de aves.

martes, 24 de noviembre de 2009

Gardafontes ibérico no Montealegre.
















Estas imaxes amosan tres exemplares diferentes, dúas femias e un macho, de gardafontes ibérico (Lissotriton boscai), xa en fase acuática e inmersos nas paradas nupciais.

Estes exemplares foron atopados na mina de auga do Montealegre, mencionada no anterior post sobre o gardafontes verde, o día 22 de novembro de 2009, outro exemplo da riqueza biolóxica do Montealegre.