COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Erithacus rubecula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Erithacus rubecula. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de noviembre de 2009

Paporrubio no Campus Universitario de Ourense.



A zona axardinada do campus Universitario de Ourense é un curioso punto de biodiversidade do entorno máis urbán da cidade Ourense, feito que me consta é común a outras cidades españolas.

Un dos habitantes deste entorno é o paporrubio (Erithacus rubecula), como mostran estas imaxes do día 14 de novembro de 2009, nas que se aprecia un exemplar cantor desta especie pousado nun carballo americano (Quercus ruber).

domingo, 25 de octubre de 2009

Paporrubio na Limia.


Imaxe dun paporrubio (Erithacus rubecula), desta volta adulto, fotografado en Vilar de Santos o día 24 de outubro de 2009, moi preto do pobo de As Casas da Veiga.

viernes, 23 de octubre de 2009

Paporrubio no Carballiño.



Non por común unha especie deixa de ser bela e interesante, boa mostra deste feito son estas fotografías dun paporrubio (Erithacus rubecula) no Carballiño o día 18 de outubro de 2009.

Apunta Rubén Portas (ver comentarios), que este exemplar é un paporroibo novo do ano, detalle que se aprecia nas pintas que ten na plumaxe e que se ven se ampliade-la foto clicando sobre ela.

jueves, 20 de agosto de 2009

Paporroibo en Ourense



O paporroibo (Erithacus rubecula) é un pequeno e fermoso paxaro moi común na provincia, trátase dunha especie moi territorial, sobre todo os machos que en ocasións atacan incluso a paxaros doutras especies.

Espas fotos son do día 19 de agosto de 2009 nas ribeiras do Miño en Ourense.